Nota de Prensa
Na súa defensa, Balseiro salientou que amplas áreas do litoral galego “non están cubertas como deberían fronte á acción das mafias organizadas e outras organizacións ilegais”
O PARLAMENTO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA QUE O GOBERNO CENTRAL REFORCE O SERVIZO DE VIXILANCIA ADUANEIRA EN GALICIA
* O deputado lamentou que o Goberno de Zapatero non estea a adoptar as medidas oportunas para corrixir a situación, malia que os datos oficiais indican que en Galicia “aprehendeuse o 57% do total da cocaína de todo o litoral español” e se rexistrou un aumento exponencial na introdución de hachís, ademais de aumentar o contrabando de tabaco.
* Balseiro destacou tamén que a estas deficiencias únense as que presenta a Garda Civil do Mar á que, por exemplo na base que ten no concello lucense de Viveiro, non se dota cos medios materiais e persoais necesarios.
Santiago, 12 de maio de 2010.- O Pleno do Parlamento aprobou hoxe a iniciativa presentada polo Grupo Popular que insta á Xunta a demandar do Goberno central que reforce o Servizo de Vixilancia Aduaneira en Galicia. A proposición non de lei faise eco das múltiples queixas, entre outros, dos sindicatos e dos propios traballadores, pola precariedade na que opera este servizo esencial, entre outras funcións, na loita contra o narcotráfico.
Na defensa da iniciativa, no debate celebrado onte na Cámara, o voceiro de Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, salientou que amplas áreas do litoral galego “non están cubertas como deberían fronte á acción das mafias organizadas e outras organizacións ilegais”. Nese sentido, fixo referencia a que en tres das seis bases marítimas que o Servizo de Vixilancia Aduaneira ten en Galicia (Vilagarcía, Muros, Ribadeo, A Coruña, Marín e Vigo), as embarcacións superan os 24 anos de antigüidade e están a sufrir continuas avarías que non son reparadas en tempo e forma. Doutra banda, o helicóptero que opera na zona norte “tan só dispón de dúas horas de auotnomía” e o persoal, “uns traballadores excelentes”, son sometidos “a continuos traslados, de porto en porto”, ao tempo que moitas veces “non se cubren as baixas nin se reforza o servizo en casos de xubilacións” e non hai “o persoal suficiente nas bases como para patrullar as embarcacións”.
Ante esta situación, o voceiro de Mar dos populares criticou que a Administración central na nosa comuniddade “está a traballar con certa desidia e falta de interese” e cualificou a actitude do Goberno do Estado de “novo desprezo a Galicia e aos galegos”, xa que “nin escoitan nin reaccionan”.
GARDA CIVIL DO MAR
O deputado lamentou que o Goberno de Zapatero non estea a adoptar as medidas oportunas para corrixir a situación, malia que os datos oficiais indican que en Galicia “aprehendeuse o 57% do total da cocaína de todo o litoral español” e se rexistrou un aumento exponencial na introdución de hachís, ademais de aumentar o contrabando de tabaco. Fronte a isto, o Goberno central “mantén incomprensiblemente inoperativos parte dos medios dispostos para a loita contra o narcotráfico”.
Balseiro destacou tamén que a estas deficiencias únense as que presenta a Garda Civil do Mar á que, por exemplo na base que ten no concello lucense de Viveiro, non se lle dota cos medios materiais e persoais necesarios.
A iniciativa do Grupo Popular aprobada hoxe céntrase, dun xeito especial, en que se garanta a operatividade das embarcacións; a cobertura aérea en todo o litoral galego para operacións de vixilancia, patrulla, persecución e interceptación, incrementando as horas de autonomía de voo dos helicópteros; e a suplencia do persoal, eliminando a precariedade actual e a falta de cobertura de baixas.








O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



