NOTA DE PRENSA
REGO RECLAMA A POSTA EN MARCHA DO NOVO EQUIPAMENTO XERIÁTRICO DE VIVEIRO, INCLUINDO OS DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL A TRAVÉS DE MÉTODOS DE SELECCIÓN BASEADOS NA TRANSPARENCIA E NO REPECTO POLA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES, O MERITO E A CAPACIDADE
– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego afirma que a día de hoxe o edificio esta case rematado e sen ningunha razón aparente para que non estea a disposición de cumprir os fins para os que foi construído.
Burela , 13 de maio de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego rexistrou unha pregunta na Cámara Autonómica na que reclama, entre outras cousas, coñecer as causas para non ter posto en servizo o novo equipamento xeriátrico de Viveiro?. Tamén solicita saber ata cando ten pensado o Goberno Galego seguir privando aos cidadáns de Viveiro e ao seu contorno comarcal dun servizo ao que teñen dereito, máxime despois de telo financiado cos seus impostos.
O deputado lembra o esforzo e compromiso asumido polos rexedores da Administración municipal, tanto económico como de xestións con outras institucións nas que confluían distintos intereses e responsabilidades deu os seus froitos como consecuencia do compromiso do anterior Goberno galego. Di que este compromiso fixo posible poñelo en marcha e deixalo case rematado o edificio para a residencia xeriátrica . Sinala que se atopa radicada nun espazo privilexiado do contorno urbano de Viveiro, consecuencia tamén do compromiso do Goberno central que o posibilitou atendendo a proposta dos mandatarios locais.
Afirma que a día de hoxe o edificio esta case rematado e sen ningunha razón aparente para que non estea a disposición de cumprir os fins para os que foi construído.
A maiores Rego reclama, mediante unha Proposición Non de Lei, a posta en marcha do novo equipamento xeriátrico de viveiro, incluíndo os de contratación de persoal a través de métodos de selección baseados na transparencia e no respecto pola igualdade de oportunidades, o mérito e a capacidade.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



