CERVO .- O Comité de Empresa de “CYRGASA” acordou manifestar o seu apoio e total adhesión á “Plataforma en defensa da sanidade na Mariña.”
Dende as Centrais sindicais que constitúen o Comité de Empresa de CYRGASA trasladamos o apoio deste comité ás reivindicacións da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña. Entendemos inaceptable que se podan reducir servizos sanitarios na nosa comarca así como que se merme a calidade asistencial aos mariñáns e mariñás por recortes orzamentarios na Xunta de Galicia.
Non é de recibo que no canto de avanzar, asentar e incluso mellorar os servizos que se nos prestan na asistencia primaria coa paralización do “Plan Mellora” que se suma á parálise nas dotacións tanto materiais como de servizos para o Hospital da Costa que atenden a mais de 72.000 persoas dos 14 concellos da área Sanitaria, estes se vexan recortados e ameazados coa centralización da xestión sanitaria en Lugo, en aras dunha suposta austeridade que noutros ámbitos non se ve, e que por riba teñamos que ser os pacientes os que teñamos que asumir, en constantes viaxes a Lugo, os custes económicos, en tempo e en molestias que esa nova política sanitaria da Xunta xenere.
É inadmisible que teñamos que ser, unha vez máis, os cidadáns de a pe, os traballadores e as traballadoras as que teñamos que pagar os pratos rotos dunha crise que nos non provocamos.
É por isto que, ademais de adherirnos á Plataforma, acudiremos e fomentaremos entre os traballadores e traballadoras da nosa empresa, a presenza masiva na Manifestación que esta convoca para o sábado 26 de xuño en Burela.

























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



