SAN CIBRAO .- A asociación cultural “Amigos da Maruxaina” celebrará o domingo, día 19 de xuño, o XXV aniversario desta festa declarada de interese turístico de Galicia, paro o que programou diversos actos.
NOTA DE PRENSA
“Amigos da Maruxaina” festexará o vindeiro domingo, día 19 o XXV aniversario da súa festa
San Ciprián, 19 de xuño de 2010.- A asociación cultural “Amigos da Maruxaina” celebrará o vindeiro domingo, día 19, o XXV aniversario desta festa declarada de interese turístico de Galicia.
Varios membros da directiva deron a coñecer hoxe o contido do programa de actos nunha rolda de prensa. Segundo indicaron, o obxectivo desta celebración non é outro que o de conmemorar os 25 anos de existencia desta celebración que xurdiu de xeito espontáneo por parte duns veciños de San Ciprián “e por iso, queremos convidar a todos aqueles Maruxainos de corazón a participar nesta homenaxe a todas aquelas persoas que ano tras ano levan facendo posible que esta festa” indicaron.
O programa de actos é o seguinte:
12:00h CONCENTRACIÓN DE MARUXAINAS-OS na Prazoleta, todos ataviados cos traxes típICOS e resto de apare/los, non esquecerse dos cornos, e Si elas traen cestos, nestes virá algo para pinchar…
12:30h Inauguración, na Casa da Cultura, da EXPOSICIÓN “MARUXAINA: 25 ANOS DA FESTA, DUHNA LENDA, DESTE POBO”. Á saída, fronte o Museo, cantaremos o HIMNO DE SAN CIPRIAN, coa conséguente foto de familia.
13:00h todos a Penameá para realizar os ACTOS DO XXV ANIVERSARIO DA FESTA DA MARUXAINA:
# O son dos cornos e gaitas DESCUBRIMENTO DA PLACA CONMEMORATIVA DO XXV ANIVERSARIO obra do maruxaino Anxel Cao
# HOMENAXE en memoria dos-as MARUXAINOS-AS que xa non están.
# ENTREGA DUN COLAR MARUXAINO á NOSA NEREIDA nas pedras de Penameá.
14:30h Xa sabemos, xa sabemos ¿non vamos comer logo? Pois si…. hai XANTAR DE IRMANDADE na carpa situada na Prazoleta.
17:30h Catro vellos mariñeiros acompañarán á MARUXAINA, que virá desde a Cova de Xan Vello para tomar un papado de quelmada con nós.
18:00h O Queimador Maior hanos de preparar unha QUEIMADA para os presentes.
HOMENAXE AS COMISIÓNS DE FESTAS: entrega de figuras da Maruxaina, os presidentes das Comisións de Festas destes XXV anos.
18:30h Non tocan os Píndaros, nin a orquestra Amor pero temos a Diego que nos poñerá unhas pezas no tocadiscos e hala .. A BAILAR ..
21:00h Cada un para a súo casa, que xa hai que ir preparando outros vintecinco anos da Maruxaina…
As persoas interesadas en participar no xantar de irmandade que se vai celebrar na prazoleta deberán reservar a súa invitación adquirindo unha das tarxetas que se atopan á venta nos seguintes locais da vila:
* Bar Candal
* O Noso Lar
* Bar restaurante Buena Vista
* O Pedregal
* Floristería Pétalos
* Ou dirixíndose a calquera membro da organización.
O prezo das invitacións é de 22 euros por persoa e o prazo para retirar as tarxetas finalizará o sábado 19 de xuño. Os asistentes ao xantar recibirán un agasallo en cerámica alusivo aos 25 anos desta celebración.
Ata o momento a organización ten confirmada a asistencia aos actos das seguintes autoridades: Rosa Quintana, conselleira do Mar; Roberto Varela, conselleiro de Cultura; José Manuel Balseiro, secretario da Mesa do Parlamento de Galicia; José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo; Alfonso Villares, alcalde de Cervo.
“Amigos da Maruxaina” agradeceu na rolda de prensa a colaboración prestada pola Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Concello de Cervo e ACIA San Ciprián para levar adiante esta celebración e valoraron moi positivamente a asistencia destes persoeiros políticos “porque demostra que esta festa é un nexo de unión entre as persoas e está por riba de calquera ideoloxía”.










A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



