XOVE .- A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove convoca a inscrición para o Curso 2010-2011. A matricula poderase facer durante todo o mes de agosto nas Oficinas Municipais do Concello .
NOTA DE PRENSA.
INSCRICIÓN PARA A ESCOLA MUNICIPAL XIMNASIA RÍTMICA DE XOVE
DURANTE TODO O MES DE AGOSTO vai estar aberta a INSCRICIÓN para o Curso 2010/2011 da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove.
A inscrición, como dixemos, poderase facer durante todo o mes de agosto nas Oficinas Municipais do Concello (planta baixa da Casa do Concello, en REXISTRO), de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. A matrícula na Escola é totalmente gratuita.
Para matricularse haberá que cubrir a Ficha de Inscrición, que estará a disposición dos/as solicitantes no Rexistro das Oficinas Municipais. Unha vez cuberta a solicitude, esta haberá que rexistrala no Rexistro Municipal, procurando cubrir correctamente tódolos datos. Haberá que aportar unha fotografía tamaño carné do/a solicitante.
A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove convoca a inscrición (matrícula) para o Curso 2010-2011. As principais características desta convocatoria, son:
1º.- A inscrición poderase facer durante todo o mes de agosto nas Oficinas Municipais do Concello (planta baixa da Casa do Concello, en REXISTRO), de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.
2º.- A matrícula na Escola é totalmente gratuita.
3º.- Para matricularse haberá que cubrir a Ficha de Inscrición, que estará a disposición dos/as solicitantes no Rexistro das Oficinas Municipais. Unha vez cuberta a solicitude, esta haberá que rexistrala no Rexistro Municipal, procurando cubrir correctamente tódolos datos. Haberá que aportar unha fotografía tamaño carné do/a solicitante.
4º.- Para o Curso 2010-2011 a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica dispón de 55 prazas, que serán cubertas por rigurosa orde de inscrición, ousexa, tomarase en conta a orde de inscrición no Rexistro Municipal. Pódese dar o caso de que teñamos máis solicitudes que prazas, polo que, nese caso, terán preferencia os censados/as no Concello de Xove.
5º.- Unha vez pechada a matrícula oficial na Escola, o Concello fará pública a Lista de Inscritos na Escola. Rematado o prazo da matrícula oficial (finais de agosto), o Concello abrirá unha Lista de Reserva da Escola da que formarán parte, por rigurosa orde de inscrición no Rexistro, os/as que non entraran na Lista de Inscritos, en caso de que así suceda. Na Lista de Reserva se poderá seguir inscribíndose durante o resto do ano, pechándose definitivamente a finais de 2.010.
6º.- As actividades do Curso 2010-2011 comezarán o XOVES, 2 DE SETEMBRO de 2010 no Pavillón Municipal de Deportes.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



