Nota de Prensa
O PP: “o alcalde de Burela tapa a súa ineficacia con alegacións ás Directrices de Ordenación do Territorio”.
Os populares afirman que non entrarán nun debate “inútil, porque está fora de prazo”.
Aseguran que o alcalde non presentou alegacións a “un documento mui similar da Xunta bipartita”.
O Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela, afirmou hoxe en roda de prensa que, unha vez máis, o alcalde engana aos veciños, neste caso coas alegacións ás Directrices de Ordenación do Território.
Para os populares, o engano é doble. Por unha banda, introdúcese na orde do día do pleno un asunto que se tería que ter tratado antes do día trinta de agosto, é decir, de hoxe, porque precisamente hoxe é cando remata o plazo para a presentación de alegacións.
Por outra parte, as alegacións xa están presentadas ante a Xunta, concretamente desde o pasado día vintesete, polo que consideramos inútil este debate.
Por todo o indicado, tratar no pleno do próximo xoves este asunto é unha perda de tempo e que non conduce a nada. A intención do alcalde é tentar deixar en evidencia ao Partido Popular. E nese senso non o vai conseguir porque non entraremos nun debate que non levará a ningún lado, porque xa non hai ningunha posibilidade de modificar as alegacións. En todo caso, nas alegaciòns presentadas bótanse en falla motivacións vencelladas ás comunicacións do concello de Burela tanto por ferrocarril coma por estrada, algo que se oculta, cando en realidade son de importancia capital, porque as comunicaciòns ferroviarias son as que son e non teñen trazas de millorar e ainda non sabemos como e cando nos vamos comunicar coa autovía do Cantábrico a través do corredor Barreiros-San Cibrao, co que sen ter estas cuestións en conta non se deberían formular alegacions ás Directrices de Ordenación do Território. É máis, se o alcalde tivese intenciòn real de consensuar unhas alegaciòns entre todos os grupos políticos, tería celebrado o pleno na data que lle correpondía, ou sexa, o pasado día vinteséis de agosto, dentro do prazo marcado pola Xunta que lembramos remata no día de hoxe, trinta de agosto. Pero se adopta os acordos a través da Xunta de Goberno, para o que está lexitimado, non pode pretender que despois o PP os acepte á lixeira.
E ademais, o alcalde non presentou ningunha alegación a un documento de contido mui similar presentado pola Xunta bipartita. Se daquela o documento valía, cando Burela quedaba marxinada porque no mesmo se falaba de poboacións de entre quince mil e corenta mil habitantes, agora o documento tamén vale, porque a horquilla de poboación se reduce a entre sete mil e vinte mil.
Polo tanto, o PP non entrará na sesión plenaria neste debate inútil, xa que se pón en evidencia a intención do alcalde de enganar, e de tratar de demostrar o que todo o mundo sabe: que foi o PP quen apostou por Burela e que o POSE ten demostrado, ó longo dos últimos vinte anos, que non cré en Burela e que o único que pretende é tapar a ineficacia demostrada ó longo de corenta meses, dado que nesse tempo falta o primeiro pleno no que se debatira algún proxecto de futuro para Burela.


















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



