Nota de Prensa
Barcia: “Cando dimite Cando por mentir?”.
O portavoz popular cré que Cando non pode estar no goberno burelés.
O soterramento da liña de FEVE plantexado polo alcalde, foi idea do PP hai máis de tres anos.
O portavoz do Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela, José María González Barcia, asegurou hoxe que Nieves Cando “tén tanta indecencia política que hasta chega a mentir e usar cuestións enormemente sensibles con tal de sacar rédito político, o que demostra a súa incapacidade para resolver problemas e a súa condición de ‘política tabernaria’, visto o ridículo que acaba de facer hai uns días coas súas declaracions sobre as autopsias, e a pregunta que hai que facerse é: ‘Cando dimite Cando por mentir?’, porque se colle antes a un mentiroso ca un coxo”.
Barcia dixo que “é bon que os cidadáns de A Mariña coñezan quen é esta señora, porque en Burela xa a coñecemos: é a concelleira que deixou sen subvencións ás asociacións culturais da localidade, concelleira que é casualmente a que tarda nove meses en pagar as axudas dos corenta euros, que tamén é a que paga a metade do prometido ós clubes con escolas deportivas cando xa comenzou a temporada seguinte, pero que casualmente é a concelleira que despilfarrou en 2009 cáseque sesenta millóns das antigas pesetas en gastos de mui difícil xustificación e que, ainda que non dá subvencións ás asociacións de Burela, págalle unha factura de 522’00€ ós seus amigos de EMUGA (esa asociación que xestionará os cartos da emisora municipal) por algo que non coñecemos”.
E agora, esta concelleira, Nieves Cando, alcaldesa da metade do desgoberno de Burela, comete a indecencia, xa non política, senon moral, de mentir sobre as autopsias. A impresión é que só vai ó concello a cobrar e a manipular, porque estando no concello como di que está resulta que non se entera de nada do que pasa no pobo. Ela, que tanto fala dos demais, resulta que nos temas importantes non se entera de nada e fala de oídas. Nós xa lle dixemos no últimpo pleno que é unha persoa manipuladora, e agora temos que decir que ademais de eso non é de fiar: unha persoa que minte é capaz de calquera cousa, e esa persoa non pode estar gobernando un concello coma Burela. Se tivese decencia política, que non a tén, debería dimitir inmediatamente, e eso é o que lle pedimos desde o PP. Non nos queremos nin imaxinar que diría se os que mentisen fósemos do PP.
PROXECTO DO ALCALDE PARA FEVE.
O portavoz do GMPP, José María González Barcia, manifestou a súa satisfacción polas peticións que o alcalde de Burela lle vén de facer ó Presidente de FEVE sobre os arranxos na Estación e o posible soterramento da liña de ferrocarril. Pero, a xuizo de Barcia, “o alcalde debería recoñecer publicamente que ese proxecto estaba incluido dentro do programa de goberno do PP das eleccións municipais de 2007, idea que o PSOE rexeitou no seu momento por considerala irrealizable. Agora parece que lles gusta a idea, pois se lles gusta non debería ser tan mala no seu momento, e tampouco pasaría nada por decir que a idea foi do PP”.
González Barcia manifestou que “esto demostra que o alcalde non tén nin proxecto de Burela nin proxectos para Burela, e tén que recurrir ós proxectos que outros incluimos no noso programa electoral. É máis, a nove meses das eleccións, comenza a falar de futuro para Burela, e nós preguntámonos, ¿que fixo nestes trinta e nove meses nteriores?”






















Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.