Nota de Prensa
Riotorto acolle o Venres 24 esta homenaxe cun concerto no que participan Susana Seivane,Xurxo Souto e os tres Trebóns,Os Minhotos, Xavier Díaz,Ugia Pedreira e Mini e Mero.
40 asociacións homenaxean a Mini e Mero.
O Venres 24 de Setembro ás 22:00h, no marco da Festa da Cultura, as asociacións culturais organizadoras desta xornada van render homenaxe a Mini e a Mero dúas figuras senlleiras da musica e da cultura galega. Na opinión das entidades o recoñecemento a Mini e Mero é unha obriga de todo o pobo galego e de xeito moi particular do movemento asociativo, na medida da labor desenvolta por ambos os dous na difusión e estudio da nosa música, do seu compromiso coa lingua e a cultura galega e da súa colaboración con canta causa vinculada ao País. Segundo os colectivos que promoven esta homenaxe, que vai consistir no seu nomeamento como socios de honra das entidades organizadoras, Mini e Mero significan atopármonos con que fomos, somos e aspiramos a ser,máis alá da calidade contrastada e dos gustos, os seus temas son para todos nos, conciencia, memoria, loita e Galiza.
Ao fin Mini e Mero significan o triunfo da palabra, propia ou prestada, escrita ou falada, pero nosa. Homenaxeamos a Mini e Mero, pero tamén nos homenaxeamos nos, cada vez que nos agasallan cun/seu traballo. Homenaxeamos porque un seu traballo é triunfo da xenerosidade, creación colectiva non mercantilizada, porque un seu traballo é festa da lealdade, tradición de nos que perdura, porque un seu traballo é victoria da dignidade, liberdade de exercer de seu . Estamos certos de que esta homenaxe a Mini e a Mero non é máis que un grao de area na débeda que todos os galegos temos contraído con eles, posto que foron e son mestres, posto que foron e son exemplo, en definitiva porque teñen feito moito por Galiza e pola súa cultura e moita máis que lles queda por facer.
A homenaxe vai consistir nun concerto no que participarán Susana Seivane,Os Tres Trebóns, Os Miñotos, Xavier Díaz e Ugia Pedreira, fechando o mesmo unha actuación dos homenaxeados. Susana Seivane, a gaiteira de Ribeira de Piquín é unha das máis recoñecidas interpretes de gaita de Galiza. Ugia Pedreira, a cantante de Foz, é unha das voces máis potentes do panorama musical galego, onde forma parte de grupos como Marful ou anteriormente de Chouteira. Xavier Díaz cunha alongada carreira musical, tanto en solitario, como noutros conxuntos, actualmente combina a súa faceta como cantautor, como cantante de Berrogueto. Os Tres Trebóns, liderados por Xurxo Souto, é un grupo de rock coruñés do que forman parte músicos de longo percorrido en grupos do Bravú como os Diplomáticos ou Os Papaqueixos. Os Miñotos é un grupo da comarca da Chaira, adicada a musica tradicional e conformado por persoas cunha longa traxectoria na música galega.
Asemade entre a actuación de cada un dos grupos farán uso da palabra persoas vinculadas a actividade destes dous galegos como a escritora Marica Campo,Xesús Mato, grade promotor da musica galega e impulsor de Fuxan os Ventos e Afonso Blanco, Presidente de Xermolos e impulsor do festival de Pardiñas. .Neste sentido queremos agradecer a participación desinteresada de todas estas persoas e grupos de musica . Xa por último queremos convidar a todos os colectivos, asociacións e veciños da zona a que se sumen a esta homenaxe na que entre outras cuestións vaise proceder a nomear a Mini e Mero como socios de honra dos colectivos organizadores. Neste sentido queremos indicar que se trata dunha homenaxe aberta podéndose sumar a el todas as persoas e colectivos que así o desexen.Podedes achegar as vosas adhesións ao email:festadacultura@gmail.com

























Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.



