Nota de Prensa
Barcon afirma que os artigos “1 e 4 deste texto son escandalosos”
OS SOCIALISTAS DIN QUE A MODIFICACIÓN DA LEI DE COSTAS DO PARTIDO POPULAR PRETENDE “PRIVATIZAR” O LITORAL
– A portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo do Grupo Parlamentario Socialista Mar Barcon cualificou esta proposta de “desfachatez”, e dixo que actuación dos populares é un autentico “show business”, xa que o único fin deste texto “é intentar demoler a Lei de Costas de Galicia”
– Denuncia que obxectivo desta iniciativa non está vinculado á resolución dos problemas dos veciños nin das súas vivendas.
– Asegura que esta Proposición pretende acadar unha ruta de paulatina ocupación do litoral, que pasa por tratar igual ós desiguais, os que teñen dereitos e situacións desiguais e de ir diminuíndo os terreos incluídos no DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO TERRESTRE .
Santiago, 14 de setembro do 2010. A portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo do Grupo Parlamentario Socialista Mar Barcon interveu hoxe na Pleno do Cámara Autonómica para amosar a postura en contra do PSdeG-PSOE, sobre a proposición presentada polo PP da modificación da Lei de Costas de Galicia. Cualificou esta proposta de “desfachatez”, e dixo que actuación dos populares é un autentico “show business”, xa que o único fin deste texto “é intentar demoler a Lei de Costas de Galicia”.
Barcon dixo que esta iniciativa desvela a verdadeira faciana do Partido. Asegura que ten como fin ultimo o arranxo dunha situación complexa dende o punto de vista legal, dolorosa dende o punto de vista individual e tamén incomprensible dende o punto de vista cidadá.
Na súa intervención advertiu que o Partido Popular ten unha AXENDA OCULTA no que se refire a ordenación territorial da nosa Comunidade. Explicou que os artigos “1 e 4 deste texto son escandalosos”. E denunciou que o último que lle importa ao Goberno de Feijoo é a solución dos problemas de Marín, de Ribeira, xa que o que pretenden é “colar” unha modificación da Lei de Costas para tolerar e liberar unha ocupación costeira sen límite e unha privatización do uso dun ben colectivo que deberíamos preservar, como é o do litoral.
Barcon afirma que o a folla de ruta do Partido Popular pasa por darlle continuidade a unha liña de actuación que comezaron nesta Cámara, e nesta Lexislatura impedindo a protección do litoral fronte ós usos industriais. Unha actuación que pasou por modificar a titularidade pública dos solos para usos acuícolas que se esixían no aínda vixente Plan de Acuicultura, permitindo a súa privatización.
A deputada socialista denuncia que Feijoo busca consolidar o uso privativo do litoral por parte dalgúns particulares. Replica que esta Proposición pretende acadar unha ruta de paulatina ocupación do litoral, unha ruta que pasa por tratar igual ós desiguais, os que teñen dereitos e situacións desiguais e de ir diminuíndo os terreos incluídos no DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO TERRESTRE . Barcon denuncia que obxectivo desta iniciativa non está vinculado á resolución dos problemas dos veciños nin das súas vivendas.
Asegura que esta iniciativa do PP incrementara as edificacións existentes nas zonas adxacentes ó litoral, nun proceso ó tempo irresponsable e insostible.
A Lei de Costas de 1988 supuxo un paso adiante
Argumentou que a Lei de Costas de 1988 supuxo un paso adiante cuantitativo e cualitativo na protección do litoral. Supuxo unha barreira á depredación especulativa que xa entón ameazaba a pervivencia do noso entorno natural.
Por último sinalou que dende o PSdeG-PSOE estamos aquí para compartir a solución ós problemas dos núcleos que non obtiveron o seu recoñecemento na Lei do 88. Fixémolo cando gobernábamos e farémolo sempre. Pero hoxe, igual que fai uns meses dicímoslles que o noso compromiso non está na aprobación de medidas que teñan como consecuencia a privatización dos espazos públicos, o asolagamento do territorio e o consumo irresponsable do noso litoral.























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



