Nota de prensa:
LFREDO LLANO REALIZA UN BALANCE MOI POSITIVO DA SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE E ABOGA POR ANALIZAR A POSIBLE PEATONALIZACIÓN DALGUNHAS RÚAS NO CENTRO DA VILA.
Burela, 22 de setembro de 2010. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, realizou un balance moi positivo da Semana Europea da Mobilidade que remata hoxe. O rexedor pensa que chegou o momento de analizar a posibilidade de peatonalizar dúas ou tres rúas no centro da vila.
Llano destacou o “éxito extraordinario da Semana Europea da Mobilidade que remata hoxe cun circuito de educación vial para adultos que tivo lugar pola mañá e haberá outro con bicicletas na praza do Concello de cinco a sete da tarde. O que máis me chamou a atención, xa non como alcalde senón como cidadá, foi ver a cantidade de xente que participou o domingo nas actividades realizadas nas rúas pechadas ao tráfico, houbo exhibicións de deportes, bicicletas, houbo participación de agrupacións culturais e recreativas de Burela dándolle un abanico de color á vila e dándolle tamén unha lección de cidadanía a todos os nosos veciños”.
O rexedor subliñou que “isto anímanos a seguir organizando cuestións deste tipo e a ir pensando e analizando a posibilidade de peatonalizar dúas ou tres rúas aquí en Burela, sería moi ventaxoso facelo para toda a vila e para todos os veciños”.
Alfredo Llano lembrou que “a semana comezou o xoves pasado e remata hoxe. Houbo moitas actividades, tivemos a visita dos rapaces do Vista Alegre e do Virxe do Carme, que recibiron explicacións por parte da Policía Local sobre a educación vial. Foi unha semana óptima na que todo o mundo puido participar. Darlle ás gracias aos veciños de Burela que acudiron ás actividades programadas, ás entidades deportivas e culturais, o que quere dicir que existe unha compenetración total entre estas asociacións e o Concello, e tamén agradecer ao persoal do Concello como as monitoras de Gaia que realizaron e coordinaron perfectamente todo este traballo ao igual que á técnica de medio ambiente”.
Concarneau
O alcalde de Burela convocou unha xuntanza para o vindeiro 30 de setembro co fin de analizar un posible irmanamento coa localidade francesa de Concarneau. Llano manifestou que “o día 30 ás oito da tarde imos ter unha xuntanza con todas as entidades de Burela, deportivas, culturais, veciñais… para analizar a petición que nos fixeron no seu día desde o Concello de Concarneau na Bretaña francesa para facer un irmanamento con eles. Como se require que exista un intercambio de ideas culturais, deportivas, laborais, entre outras, e nós temos en común con esa localidade a pesca do bonito entón eu quero plantexarlles si ven convinte facer este irmanamento”.
O rexedor burelés engadiu que “do que se trata é de ver a posibilidade de establecer unhas relacións duradeiras e permanentes. Non sei si chegaremos a realizar un irmanamento como tal ou a establecer algunha outra relación que leve outro tipo de nomenclatura, relacións culturais, deportivas ou de amistade, porque un irmanamento conleva uns compromisos e unha responsabilidade que igual non se poden manter no tempo. Eu só quero informar ás asociacións de todo isto, é unha iniciativa de Concarneau, eles están moi interesados en establecer esta relación e eu quero que o decidamos entre todos. Si se decide facer o irmanamento, non haberá inconvinte en realizalo ou establecer outra relación para beneficiar aos dous concellos. Fago, polo tanto, unha invitación a que todas as persoas interesadas acudan a este encontro”.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



