Nota de Prensa
A Deputación esixe á Xunta a que rectifique o sistema de control sanitario implantado nas explotacións gandeiras
– O Deputado de Gandeiría subliñou que “ata o de agora tiñamos un dos mellores sistemas de Europa, pero o actual goberno autonómico decidiu modificalo, o que suporá un aumento de gastos para os gandeiros e a perda do control do produto”
– José María Arias realizou estas declaracións na inauguración das XX Xornadas Nacionais de Carne e Seguridade Alimentaria e foi apoiado polos veterinarios asistentes ó encontro
– Gómez Besteiro recibiu ós participantes das xornadas que se desenvolven dende hoxe ata mañá e contarán con prestixiosos expertos do MARM e da Unión Europea
O Deputado de Gandeiría, José María Arias, instou este xoves á Xunta de Galicia a rectificar o sistema de control sanitario que se está a levar cabo nas explotacións gandeiras da provincia, xa que a modificación do sistema anterior supón incrementar os gastos do gandeiros e aumentar a picaresca na trazabilidade. Arias realizou estas declaracións durante a inauguración das XX Xornadas Nacionais de Carne e Seguridade Alimentaria que estes días se desenvolven na Facultade de Veterinaria, e foi apoiado polos veterinarios asistentes ó encontro. Neste senso, subliñou que “a identificación dos animais é fundamental para garantir a seguridade alimentaria. Ata o de agora tiñamos un dos mellores sistemas de Europa, pero o actual goberno autonómico decidiu modificalo, o que suporá máis custes para os produtores e a perda do control directo e frecuente que na actualidade realizan os veterinarios”.
A este respecto destacou que “se hai menos control, a falta de seguridade do produto que se consuma logo do proceso de comercialización será menor. Por este motivo, dente a Deputación voltamos a instar ó goberno autonómico a que recapacite antes de que sexa demasiado tarde e a poñer medidas enriba da mesa que axuden a impulsar o sector agrogandeiro e a frear o saldo demográfico negativo no rural”.
A Deputación tende a man ós gandeiros
O Deputado de Gandeiría destacou que esta colaboración dá continuidade ó compromiso asumido polo actual equipo de goberno dende hai tres anos para impulsar o sector agrogandeiro e facelo máis competitivo. “Pasamos de ser unha administración que competía cos gandeiros a ser a súa aliada e a tenderlles a man nestes momentos de crise, coa posta en marcha do que será o primeiro centro de recría público de España na Granxa Gayoso Castro, unha vez que a Xunta de Galicia nos conceda os permisos necesarios para comezar as obras”.
A seguridade alimentaria é un tema de extraordinaria importancia que afecta a produtores, consumidores e institucións. Tanto é así que o consumo da carne se asociou sempre a un maior desenvolvemento económico. Precisamente, na última metade do século XX, o grande crecemento no consumo deste produto nos países desenvolvidos forzou a potenciar métodos de cria intensiva que favoreceron a aparición de novos riscos.
Este cambio no sistema de produción primaron os índices de conversión, pero non a calidade sanitaria. A aparición da Encefalopatía Esponxiforme Bovina, máis coñecida como o mal das vacas tolas, puxo de manifesto que as medidas de control establecidas na cadea alimentaria non son suficientes e que éstas deben incluirse tanto na produción primaria como nos consumidores. “Por iso é necesario que as institucións competentes na materia, en Galicia a Xunta, desenvolvan medidas que garantan a seguridade da que estamos a falar”.
Pola tarde, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto co Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiron ós participantes do encontro que está organizado pola Asociación de Veterinarios Especialistas en Seguridade Alimentaria (AVESA), en colaboración coa Deputación, a través da Fundación TIC, quen se encargará da gravación de boa parte do encontro, e do Concello de Lugo.
Un programa completo
As xornadas que deron comezo hoxe e se prolongarán ata mañá venres, contarán con grandes expertos na materia do Ministerio Rural e Mariño, da Unión Europea e doutras administracións, quenes abordarán durante estes dous días cuestións como a aplicación dos programas de hixiene na produción primaria; a importación-exportación e trazabilidade dos terceiros países; avaliación dos riscos biolóxicos nos produtos cárnicos; a seguridade alimentaria en produtos de pesca; os riscos sanitarios que presentan as froitas e as verduras; o futuro da profesión veterinaria nos matadoiros e inspección dos mesmos; ademais da tipoloxía de brotes de enfermidades de orixe alimenataria no Camiño de Santiago.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.