Nota de prensa:
JOSÉ VENANCIO PARTICIPARÁ NO I ENCONTRO DO DEPORTE BASE NA MARIÑA
O seleccionador nacional absoluto, José Venancio López Hierro, participará no I Encontro do Deporte Base na Mariña, o sábado 27 de novembro, baixo a organización do CD Burela FS.
José Venancio abrirá a cita cun relatorio centrado na actualidade do fútbol sala e a estrutura dos clubs, programado para as 10.00 horas, no hotel Nordés de Burela. O seleccionador tamén compartirá unha charla coloquio sobre o fútbol sala feminino de elite con diferentes adestradores/as de primeiro nivel. Xunto ao alumnado da EDM Burela FS, o técnico analizará o xogo e a toma de decisións individual e colectiva nunha sesión práctica, no pavillón Vista Alegre, a partir das 12.45 horas.
Por outra banda, o club laranxa distinguirá a José Venancio co seu galardón máis prezado, a Insignia de Ouro e Brillantes, polo seu loable labor en favor do fútbol sala, ademais de nomealo Socio de Honra do CD Burela FS.
Dúas décadas á fronte dos bancos afianzan a traxectoria de José Venancio (Bilbao, 1964), dende o Europcar Leiola, Bilbo, Castro Urdiales e Caja Segovia ata a Selección de Guatemala, o Autos Lobelle de Santiago e a Selección Española, cargo no que debutou como primeiro adestrador o 20 de outubro de 2007. Unido ao último triunfo do Grand Prix do Brasil, José Venancio pode congratularse de ostentar no seu palmarés máis recente o título de campión de Europa no Porto 2007 e Debrecen 2010, ademais de ser subcampión do Mundo no Brasil 2008.
Ata o momento tan só outra personalidade está en posesión da Insignia de Ouro e Brillantes, Javier Lozano. O actual presidente da LNFS e ex-seleccionador nacional recibiu a devandita distinción o 6 de xuño de 2009 como recoñecemento á súa contribución neste deporte e na ensinanza de base.
O CD Burela FS xa tivo a oportunidade de deleitarse coa sabedoría de ambos os profesionais no Campus Internacional Mixto, coa visita de Javier Lozano en 2007 e José Venancio en 2009. A afección mariñá tamén puido gozar co xogo da selección española baixo a batuta de Venancio ante Romanía (outubro de 2007) e Uruguai (febreiro de 2008).





















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
