Nota de prensa
O BNG denuncia que Hospital de Burela e o de Monforte sitúanse a cabeza dos recortes sanitarios
A Xunta reduce a súa inversión no Hospital da Costa nun 66%
O Bloque Nacionalista Galego denunciou hoxe que a partida destinada nos Orzamentos da Xunta de Galiza para o Hospital da Costa no 2011 situase en 352.000 euros o que representa unha baixa en relación co orzamentado en 2010 de case o 66%. Neste sentido Antonio Veiga recordou “que do preto do millón de euros recollidos nas contas públicas de 2010 o seu nivel de execución no Hospital da Costa non chegou ao 40% o que da para pensar que este ano non vai ser maior. Mesmamente non deixa de ser curioso que o Hospital da Costa sexa co de Monforte, ao que non se lle asignou nin un só euro para novas obras, no que menos diñeiro se inviste o que deixa as claras as verdadeiras intencións da Consellaría de desmantelar estes dous centros hospitalarios e centralizar os servizos na capital da provincia”. Na mesma liña o Portavoz nacionalista afirmou que a austeridade é unha coartada da Xunta para desmantelar o sistema sanitario, e que semella unha broma, se o conto non fose triste, que haxa diñeiro para gastos superfluos e non para a sanidade pública.
Os nacionalistas consideran que esta falta de compromiso inversor por parte da Consellaría de Sanidade responde a intención da administración de proceder a desmantelar o Hospital da Costa e por conseguinte a convertelo nunha sucursal do novo Hospital de Lugo. Así as cousas Veiga criticou “ que as contas da Xunta para 2011 deixan esmola no Hospital da Costa, e xa non é que se paralicen actuacións como o Plano Director do mesmo, senón que se deixan sen acometer cuestións básicas que poñen en risco servizos que veñen funcionando a día de hoxe e que desde logo responden a intención ben definida de deteriorar a calidade asistencia do mesmo”.Na mesma liña desde o BNG deron conta que este recorte tamén se percibe na partida de persoal o que está a provocar a fuga de persoal sanitario, nuns casos pola precarización das condicións laborais até o punto de que se están a formalizar contratos en horario nocturno de dúas ou tres horas semanais, e tamén que determinadas baixas que se producen en determinadas especialidades non se están a cubrir por parte da Xerencia do Hospital.
Veiga indicou que esta situación explica que o Hospital da Costa se coloca á cabeza das listas de espera tanto en consultas como en cirurxía do sistema sanitario público galego a pesar de que nunca tanto como agora se están a desviar doentes a centros privados. O portavoz Comarcal do BNG lembrou que “no Hospital de Burela os veciños da Mariña teñan que agardar segundo afirma Sanidade 106 días de media para facer unha consulta e 122 días para someterse a unha operación, cando sabemos que estamos diante de cifras maquilladas en beneficio da administración , o que está claro é que algo non funciona neste centro. É precisamente esta situación de partida, isto é que está nunha situación peor que noutros centros da rede pública, o que debería obrigar a Xunta de Galiza a investir e apostar de máis por este centro, agás que as intencións do Goberno Galego sexa desmantelalo progresivamente”.
Os nacionalistas que se mostraron convencidos de que no Hospital da Costa como no resto do sistema sanitario galego as listas están sometidas a maquillaxe polo que tempo de agarda, como ben saben os veciños da Mariña, son superiores as que recoñece o SERGAS, esixiron dos responsábeis do Centro Hospitalario de Burela e do SERGAS que se amplíe a dotación da plantilla e que se cubran especialidades que non están atendidas por falta de facultativos.” Non se trata de enumerar aquí caso que todos coñecemos, nin do que acontece con uroloxía, nin de esperas de máis de dous anos para persoas con patoloxías de grande risco, pero o que tampouco vale é a solución que nos propoñen de encomendarnos a un santo ou de pasar chequeira pola privada” afirmou Veiga.
“Non nos estraña mesmamente que o propio SERGAS e a actual equipa directiva do Hospital estean a día de hoxe de xeito deliberado a deteriorar a calidade asistencial e tampouco é casual que de xeito reiterado a Xunta de Galiza se negue a investir no Hospital da Costa, mesmo en cuestións que son indispensábeis. Todo indica que o PP e o Goberno Galego o dá por amortizado, si a presión da sociedade da Mariña non os para”afirmou Veiga que expresou o convencemento de que a folla de rota da Consellaría é converter a Area Sanitaria da Costa nunha mera sucursal da Área de Xestión Integrada de Lugo.





















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



