- A Asociación Esperanza de loita contra o cancro de Burela vén de poñer á venda a súa lotaría de Nadal deste ano 2025, en concreto o número 56.162
As personas interesadas en adquirir este número poden poñerse en contacto con algún membro de Esperanza para facerse co décimo, xa que serán as persoas da directiva da Asociación as que leven a cabo directamente a venda dos mesmos, e para iso o local do colectivo estará aberto todos os mércores deste mes de xullo de seis a oito da tarde
- A praia dos Bloques de Ribadeo acolleu este xoves unha tarde de xogos na auga
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, explicou que “ayer, jueves 10 de julio, pudimos disfrutar en la playa de Os Bloques de una tarde super entretenida desde las cuatro hasta las siete. Contamos con hinchables acuáticos, donde todos los ribadenses y visitantes disfrutaron de una tarde increíble”. O edil ribadense engadiu; “os esperamos porque habrá más juegos en la playa de Os Bloques. Desde la Concellería de Mocidade seguimos apoyando y dinamizando este fantástico verano”.
- Alumnado do certificado profesional de dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil (monitor de tempo libre) aproveitan a formación teórico - práctica para interacturar cos nenos da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña
O alumnado pertence aos cursos subvencionados pola Xunta de Galicia, que se imparten en Academia A Mariña, “ao finalizar a formación conseguirán a titulación oficial”, explica Becky Hermida, directora de Academia A Mariña.
- Deu comezo o I Campus de Verán de Natación na piscina municipal de Cervo
Ata o 12 de xullo, mozos e mozas poderán gozar, aprender e mellorar a súa técnica nun ambiente divertido e seguro. Está organizado pola FEGAN (Federación Galega de Natación) en colaboración co Concello de Cervo, este campus aposta polo deporte e a formación.
- A décimo segunda edición da Festa do Percebe de Xove terá lugar o sábado, 19 de xullo, na praza do Centro Cívico
Este luns tivo lugar a presentación do cartaz. Estiveron presentes os organizadores, membros da Asociación de Festexos A Medorra (Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña) acompañados da Primeira Tenente de Alcalde Mª Dolores Meitín. Ás 12 da mañá dará comezo a festa co pregón a cargo de Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores. A xornada gastronómica estará amenizada por “Os Charangos de Neda” e polos cantos de taberna de “Espera que vou mexar”.
- Comezaron as clases de Ioga en Enredando no Verán
As crianzas gozaron dunha primeira sesión chea de movemento, relaxación e diversión na Casa do Mar en San Cibrao, un espazo para coidar o corpo e a mente mentres se pasa un bo rato coas amigas e amigos
- Este sábado celebrouse en Oviedo o exame do Tribunal Nacional de Graos organizado pola FAKYDA
O Club Shitokai Galicia A Mariña presentou a catro aspirantes que resultaron aprobados: Carlos Fernández e Elena Dovale: 2º Dan (coa inestimable colaboración de Alejandra Gómez nos traballos técnicos por parellas). Gael Álvarez e Cristian Rancaño: Cinto Negro. Con estes resultados alcanzaron xa a cifra de 160 Cintos Negros Oficiais RFEK recoñecidos por CSD. A destacar o magnífico traballo realizado por todos os aspirantes.