Nota de prensa:
En resposta a unha pregunta en Comisión da deputada do Grupo Popular, o director xeral de Desenvolvemento Rural anunciou que os títulos das de Monte de Vilaformán, en Trabada, entregaranse nun prazo de 15 a 20 días e as de Miñotos, en Ourol xa están no rexistro e se entregarán a finais de marzo ou principios de abril
A XUNTA CONFÍRMALLE A EMMA ÁLVAREZ QUE AS CONCENTRACIÓNS PARCELARIAS DA COMARCA DA MARIÑA ESTÁN XA MOI AVANZADAS
* A parlamentaria agradeceu a mediación feita pola Xunta coa Deputación de Lugo para axilizar o arranxo dos viais da concentración parcelaria Val de Alfoz, “aínda que teñamos que lamentar que a vagancia a que nos ten acostumados” o presidente da Administración provincial “nos levara a retrasar a firma 73 días, prazos prudenciais para os socialistas galegos”
Santiago, 17 de febreiro de 2011.- O director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia confirmoulle esta tarde no Parlamento á deputada do Grupo Popular Emma Álvarez Chao que as concentracións parcelarias da comarca da Mariña están xa moi avanzadas. Concretamente, hai nesa comarca 8 zonas de concentración parcelaria en execución, das que as de Miñotos, en Ourol, Monte de Vilaformán, en Trabada, están xa pendentes da entrega de títulos aos propietarios.
Álvarez Chao plantexou unha pregunta sobre a situación dos ditos traballos na Comisión de Agricultura da Cámara galega, na que o director xeral de Desenvolvemento Rural anunciou que
os títulos das de Monte de Vilaformán, en Trabada, entregaranse nun prazo de 15 a 20 días e as de Miñotos, en Ourol xa están no rexistro e se entregarán a finais de marzo ou principios de abril.
A parlamentaria agradeceu a mediación feita pola Xunta coa Deputación de Lugo para axilizar o arranxo dos viais da concentración parcelaria Val de Alfoz, “aínda que teñamos que lamentar que a vagancia a que nos ten acostumados” o presidente da Administración provincial “nos levara a retrasar a firma 73 días, prazos prudenciais para os socialistas galegos”.
INTERESE POLA SITUACIÓN
A citada concentración, sobre a que a mesma deputada presentara iniciativas no Parlamento, está en fase de proxecto, mentres que as de Pereiro-Oirás, no mesmo concello; a de Mondoñedo Norte e de Sasdónigas, en Modoñedo; a de Frexulfe, no Valadouro; e a de Bogo, na Pontenova, atópanse en fase de acordo.
Emma Álvarez interesouse pola situación da cada unha das concentracións parcelarias da Mariña e a previsión de entrega dos títulos de propiedade das novas fincas, co fin de ter un coñecemento preciso dunha situación que afecta “a un colectivo amplo de veciños, con distintos intereses e usos da terra” e dado que os procesos de concentración parcelaria adoitan ser longos.
Doutra banda, a deputada resaltou que “estamos nun momento de incertidume económica, froito dunha xestión estatal de despilfarro e improvisación”, o que fai que aumente o interese por coñecer a situación das concentracións parcelarias e a data na que os propietarios poidan empezar a traballar as novas leiras.








Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



