*
A afección á mesa abundante e ás libacións xenerosas son un dos compoñentes do talante que define ós galegos. É certo que o noso país sufríu fames históricas, a tal punto que algúns estudosos – como por exemplo o doutor García Sabell, que foi médico e antropólogo ilustre – chegan a afirmar que a obsesión pola comida en Galicia non é porque abunda, senon porque non a houbo; tese que compartía o meu inesquecible amigo, o xornalista e gastrónomo Jorge Víctor Sueiro, que vía nas fames galegas habidas esa afección dos nosos paisanos ás grandes comidas e cuchipandas, reacción contra a penuria, quizás temendo que no futuro nunca estarían o suficentemente alimentados.
É verdade que hoxe as circunstancias son outras, pero non se renuncia fácilmente a certos atavismos pracenteiros, e así, os vellos rituais, as tradicións, matéñense ó longo dos séculos para disfrute das sucesivas xeracións.
Carlos Martínez Barbeito, no seu libro “Galicia”, di que o talante galego está feito de antonimias e paradoxas; e así, aínda sen negar a verdade do tópico, mais xeralizado do que debera, que nos define só por melancólicos e soñadores, asegura que o galego, cando se tercia, é espléndido, báquico e fáustico, gran comedor, gran bebedor e gran fornicador; socarrón, irónico e dono da plenitude e da ledicia de vivir.
O apego ós dons da vida, o goce dos sentidos, os placeres da mesa e do amor; a constante sorrisa satisfeita, son na nosa terra moeda corrente. E así a ledicia galaica é, en xeral, a que se deriba da abundante comida, das libacións xenerosas e da sensualidade satisfeita.
É presisamente nas carnestolendas, días de especial permisividade, en que se rende particular tributo a don Carnal, unha das ocasións que, dende os vellos tempos de históricas fames, se reservaron para a “enchente” e así paliar, ainda que ás veces só fose ilusoriamente, a escaseza de pitanza.
A celebración do carnaval na nosa terra experimentou a lóxica evolución, do mesmo xeito que aconteceo con todo tipo de manifestacións sociais, culturais e festivas pero mantéñense, para placer de paladares, e ás veces suplicio de estómagos, as copiosas degustacións dese animal que cos seus derivados é o rei da nosa cociña, e cuxo imperio comparte tan só cos mariscos e os peixes dos nosos mares: o porco. Constitue número principalísimo do antroido o pantagruélico desfile ante o prato no que forman: o lacón e a cachucha; o touciño e a costela; a orella e o rabo; o xamón e os chourizos, a soá… co aditamento dos garabanzos, grelos e patacas, abondosamente regado todo iso con mencía ou barrantes…¡Todo un espetáculo!. Que ten ademais o seu epílogo nuns postres tan tradicionais coma exquisitos: as filloas, orellas de frade, flores de carnaval, chulas, rosquiñas… para rematar co café de pucheiro e un par de chupiños de augardente de herbas ou licor café.
Esquezámonos, pois, por uns días, lector amigo, de colesterois, ácidos úricos, glucosas e hipertensións: comamos e bebamos. A austera Coresma está aí, á volta, e non vaia ser que os xaxúns, dietas e abstinencias nos pillen desprevenidos.
Suso Fernández
* Cronista Oficial de Foz



















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



