Nota de prensa
BURELA ACOLLERÁ DO 18 AO 20 DE MARZO AS III XORNADAS GASTRONÓMICAS DO OURIZO, QUE ORGANIZA A CONCELLARÍA DO MAR.
Burela, 11 de marzo de 2011. Burela acollerá do 18 ao 20 de marzo as III Xornadas Gastronómicas do Ourizo, que organiza a Concellaría do Mar. Na cita participarán vinte establecementos hostaleiros.
A edil socialista, Remedios López Villar, manifestou que “coma sempre ofrecerase un tapeo polo pobo, o prezo do ourizo cocido ou cru será de 4 euros a tapa. O resto das degustacións que elabore cada restaurante será ao prezo que poña o seu propietario, segundo valore o traballo empregado para a súa elaboración”. A concelleira do Mar lembra que “nas anteriores edicións púidose degustar de diferentes tipos de formas coma en paté, en croquetas, en empanada, con fabas, en revolto, en arroz, en pementos de piquiño, en filloas…”.
As Xornadas Gastronómicas do Ourizo de Burela serán no mes de marzo, os días 18, 19 e 20 “facéndoas coincidir coa ponte de San Xosé, igual que o ano pasado. Quere dicir tamén que nos puxémonos en contacto co concelleiro de Turismo do concello de Cervo, para que non coincidirmos nas fechas e quitarnos protagonismo uns aos outros”, seguiu a relatar Remedios López.
A concelleira do Mar engadiu que “nesta ocasión en Burela sortearase unha estancia dun fin de semana nun balneario para dúas persoas entre todos os comensales que degusten o ourizo nesta nova cita gastronómica”.
Os locais participantes son: Mesón do Poeta, Palacio de Cristal, Mesón Carlos, Mesón Hamilton, Os Remos, Parrillada A Marquesa, Sargo, Trisquel, Pena Orxal, La Bodeguilla, Parrillada de Jandro, A Fazenda, Cervexería Kiko, Casa Miranda-Porto de Burela, Hotel Nordés, O Portelo, Bar da Costa, Churrasquería Abrente, Mesón da Pedra e La Sartén de Carmen.
Remedios López Villar convida “a todo o mundo a que se aproxime a Burela a degustar este magnífico equinodermo, xa que estamos na tempada na que se consume”.





















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



