Con motivo de chamar a atención sobre a súa situación e reclamar da empresa unha solución que pasaría pola negociación e a readmisión, concentráronse diante da Galería de Sargadelos en Lugo os oito despedidos na fabrica de Cerámica de Sargadelos que contaron co apoio das delegadas da CIG no comité de empresa e de membros das executivas local e comarcal da CIG. Respecto ao plan de prexubilación que supostamente negocia a empresa, non hai ningunha proposta firme e a información e escasa. “As negociacións fanse sen presencia dos afectados e mesmo excluíron deliberadamente á CIG” sinalou unha das persoas despedidas. Ademais o Plan de prexubilacións non resolvería a situación de todas as persoas despedidas pois unha das afectadas non ten a idade suficiente para acollerse ao mesmo.
Despedidos de Sargadelos concentráronse en Lugo
Despedidos de Sargadelos concentráronse en Lugo
Relacionado
-
Ribadeo acolleu este domingo a XVIII Concentración Galicia e I Concentración astur galaica de Mercedes W123
-
Alfonso Villares en San Cibrao
-
Ribadeo acolleu este sábado unha xornada de convivencia astur-galaica do Club Rotary ao que asisten integrantes chegados desde Vigo, Coruña, Ferrol, Avilés, Oviedo, Gijón, León e Ponferrada