NOTA PRENSA
ASOCIACION XUVENIL AS MINAS, CONFERENCIA SOBRE O ALZHEIMER.
Dende a Asociación Xuvenil AS MINAS, organizadora da Conferencia sobre o ALZHEIMER que tivo lugar hoxe en A PONTENOVA, queremos manifestar o noso agradecemento ao numeroso público asistente que encheu o salón de actos da casa de cultura da nosa vila (pasamos de 300 asistentes), veciños de A Pontenova e arredores, incluso xente que asistiu de outros concellos e nos manifestou o seu interese por ter máis coñecementos sobre a demencia do ALZHEIMER.
Eu, como presidente da asociación dou a noraboa unha vez máis á directiva que compón a Asociación Xuvenil AS MINAS. Esta foi unha actividade que serviu para que a xente coñecera mellor a enfermidade do ALZHEIMER, unha efermidade que por desgracia está cada vez máis presente entre nosoutros, e ademáis serviu para que a xente coñecese a labor da Asociación de Familiares de Enfermos de ALZHEIMER de Lugo AFALU, que traballa con enfermos de alzheimer e outras demencias, prestando, tamén, axuda para que os familiares destes saiban levar mellor os coidados destes enfermos, aportándolles axuda psicológica. Neste sendo, dende a nosa asociación poñémonos a disposición de AFALU para calquera tipo de proxecto ou axuda que consideren oportuna. Admiramos a súa labor e aportaremos o que esté na nosa man para colaborar con esta asociación e coa súa labor de axuda os familiares e enfermos de alzheimer.
AGRADECEMENTOS.
Agradecemos a ponencia do doutor Fernando Veiga, Médico Xeriatra, ex – presidente da sociedade galega de xeriatría e xerontoloxía e presidente da española, a súa colaboración foi moi importante para nós, xa que ademáis de ser toda unha institución no mundo da xeriatría, é un veciño do noso concello. Neste senso quero destacar o esforzo e interese que puxo en asistir como ponente á nosa conferencia.
Tamén agradecer a presencia de Carmen Pena e Valentín Calvín, presidenta de AFALU e Psicólogo e director do centro de día de AFALU, que nos explicaron cal era a súa labor con esta enfermidade.
Por último agradecer a OVIDIO RODEIRO director xeral de XUVENTUDE E VOLUNTARIADO da XUNTA DE GALICIA, que nos subvenciona estas actividades que realizaremos ao longo do ano, incluidas dentro do programa de INICIATIVA XOVE da ASOCIACIÓN XUVENIL AS MINAS. Dicir que Ovidio Rodeiro estaba invitado ao acto e mostrara o seu interese en asistir, pero finalmente por problemas coa axenda non puido estar presente na nosa conferencia.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



