Nota de prensa
ANTÓN BAO PRESENTOU O CONXUNTO DE CURSOS DE FORMACION TEATRAL DE BUXIGANGA
A Área de Cultura da Deputación pon en marcha por segundo ano as accións formativas en materia de teatro ao amparo do proxecto Buxiganga
Recoñecidos profesionais como Jorge Coira, Avelino González, Fernando Dacosta ou Ánxeles Cuña ofrecerán cursos de interpretación, escrita teatral e comedia da arte entre maio e novembro
LUGO, 18 de abril de 2011. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, acompañado de Paloma Lugilde, membro do grupo de teatro do Consello de Cultura da Deputación, presentou esta mañá no Pazo de San Marcos o conxunto das actividades formativas en materia de teatro que se desenvolven ao amparo do proxecto Buxiganga. Trátase dun conxunto de cursos para actores e actrices sobre diversos aspectos específicos do teatro que se desenvolverán entre os meses de maio e novembro. A presentación dos cursos de teatro tivo lugar nos xardíns da Deputación, onde os rapaces e rapazas do grupo Upiaska da escola de Arte e Lecer de Fingoi representaron fragmentos da peza “Os miserables”, a xeito de introdución da rolda de prensa.
Tal e como sinalou Antón Bao, “Buxiganga é un proxecto teatral global, que non soamente ten circuítos de representacións teatrais, e como tal hoxe presentamos un ano máis unha ramificación do proxecto, un programa formativo para os actores e actrices tanto profesionais como afeccionados da provincia que é o segundo ano que se realiza”. Antón Bao sinalou como un dos grandes éxitos de Buxiganga “a creación de novos grupos, pasando a integrar o circuíto Buxiganga 22 grupos onde había 12 grupos de teatro cando comezou”. Segundo sinalou Bao, os cursos van estar “impartidos por recoñecidos profesionais nas diferentes especialidades teatrais da nosa comunidade, persoas de recoñecido prestixio a nivel nacional como Jorge Coira, o cal felicitamos publicamente polo éxito acadado por “18 comidas” nos XI Premios Mestre Mateo concedidos pola Academia do Audiovisual Galego, nos que gañou sete premios entre eles os de Dirección, mellor longametraxe e guión. E ademais de Jorge Coira teremos entre nós a importantes membros das mellores compañías do teatro galego” .
Paloma Lugilde entrou a detallar os diferentes cursos que se van a ofertar entre maio e novembro, e animou aos actores e actrices a apuntarse canto antes xa que son cursos que teñen un custe de matrícula moi baixo (10 euros para actores e actrices de grupos de teatro dentro do circuíto Buxiganga e 20 euros en xeral) e unha gran demanda xa que son impartidos por profesionais moi recoñecidos.
A CONTINUACIÓN O LISTADO DE CURSOS DE TEATRO DE BUXIGANGA
CURSOS EN LUGO -MUSEO PROVINCIAL DE LUGO-
• Kirenia Martínez da compañía de danza Entremáns: Curso teatro-danza: os sábados do mes de xuño. (4, 11, 18 e 25 de xuño) 09.00 horas a 14.00 horas
• Jorge Coira, director de cine: Curso de interpretación ante a cámara: sábados do mes de maio. (7, 14, 21, 28 de maio) 09.00 horas a 14.00 horas
•Ánxeles Cuña, directora e dramaturga de Sarabela Teatro: Curso de dramaturxia (escritura teatral): dous xoves ao mes ao longo dos meses de maio, xuño, xullo, setembro e outubro.
5 e 19 de maio
2, 16 e 30 de xuño
7 de xullo
1, 15 e 29 setembro
20 de outubro
17.00 horas a 21.00 horas
•María Torres, actriz e directora da compañía Elefante Elegante: Curso de Pantomima: outubro. (1, 15, 22 e 29 de outubro) 09.00 horas a 14.00 horas
•Avelino González: Curso de comedia do arte: novembro (5, 12, 19 e 26 de novembro) 09.00 horas a 14.00 horas
CURSO EN SARRIA -CASA DA CULTURA-
• Fernando Dacosta, actor de Sarabela Teatro, interpretación: setembro (3, 10, 17 e 24 de setembro) 09.00 horas a 14.00 horas
CURSOS BURELA -AUDITORIO DA CASA DA CULTURA-
• María Barcala, actriz de Teatro do Atlántico, interpretación 1: sábados do mes de xullo (2, 9, 16 e 23 de xullo) 10.00 horas a 15.00 horas
• Lucía Regueiro, actriz Teatro do Atlántico, interpretación 2: sábados do mes de setembro (3, 10, 17 e 24 de setembro) 10.00 horas a 15.00 horas






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



