Nota de prensa
BURELA ACOLLERÁ A CLAUSURA DA LIGA PREBENXAMÍN O DOMINGO 10
Os pavillóns burelaos Monte Castelo e Vista Alegre acollerán a clausura da Liga Prebenxamín da Mariña este domingo, nunha gran final que reunirá a todos os participantes.
A xornada lúdico-recreativa desenvolverase con partidos de 15 minutos entre todos os equipos. A entrega de trofeos e medallas aos pequenos deportistas despedirá a competición ata 2011-12.
O CD Burela FS obsequiará a todos os clubs participantes con entradas para o Burela FSF-Ciudad de Alcorcón, da División de Honra, que se disputará o domingo ás 12.30, en Vista Alegre.
Pavillón Monte Castelo
10.00 horas: Santiago de Foz-ED EON Burela FS B
11.00 horas: ED EON Burela FS B-ACD Xove
12.00 horas: ED EON Burela FS B-ED Mondoñedo
13.00 horas: ED EON Burela FS B-Praia de Covas
Pavillón Vista Alegre
15.50 horas: Santiago de Foz-ED EON Burela FS A
16.50 horas: ED EON Burela FS A-ED Mondoñedo
17.30 horas: Club del Mar-ED EON Burela FS A
18.50 horas: ED EON Burela FS A-Praia de Covas
19.30 horas: ED EON Burela FS A-ACD Xove
Liga Autonómica Cadete
Azkar Lugo-Burela FS
Sábado 9 de abril, ás 13.00 horas, no Centro Terra de Lugo
Deporte Escolar-Cuartos Provinciais
Cospeito Infantil-ED EON Burela FS Infantil B
Sábado 9 de abril, ás 10.00 horas, na Casa do Deporte de Lugo
Quiroga Infantil-ED EON Burela FS Infantil A
Sábado 9 de abril, ás 11.00 horas, na Casa do Deporte de Lugo
Amigable
ED EON Burela FS Alevín A-ED EON Burela FS Alevín B
Sábado 9 de abril, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela





















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
