Nota de prensa:
Basanta afirma que “o primeiro que fará o BNG desde o goberno é un Plan de Saneamento das contas municipais”
O BNG de Foz denuncia o problema de financiamento do concello
Foz, 19 de abril de 2011.- Este martes, candidatos do BNG ás eleccións municipais desprazáronse ao mercado para trasladar as súas propostas programáticas de goberno aos veciños. Entre estas propostas destaca a de elaborar, inmediatamente despois de conseguir o goberno municipal, un Plan de Saneamento das contas municipais para corrixir o continuo endebedamento do Concello pola mala xestión económica dos que gobernaron durante estes últimos anos, con Xaime Cancio e Xosé María Rivera ao fronte dese goberno.
A mala xestión confirmase unha vez elaborado por intervención o resultado orzamentario do 2010. Este resultado é negativo en -1.348.048,88 € o que quere dicir que o Concello de Foz gasta moito máis do que ingresa. Para o BNG de Foz é grave que o resultado orzamentario sexa negativo por cuarto exercicio consecutivo: ano 2007 (– 1.343.785, 79 euros), ano 2.008 (- 1.570.190,02 euros) e ano 2.009 (- 408.474,20 euros). Esto vén a indicar que o Concello, durante estes catro anos do goberno socialista non se aforrou absolutamente nada e gastouse máis do que se ingresou. Se non fose polo remanente producido a raíz das licenzas urbanísticas no 2005 e 2006 e do que se foi tirando, o Concello estaría na quebra técnica. No exercicio actual o importe do remanente para gastos xerais é practicamente inexistente (61.438,03 €) cando no 2006 era de 5.020.847,96 €, é dicir, que ser foi reducindo a máis de millón de euros por ano durante estes catro anos. E aínda será peor se se teñen en conta as obrigas que constitúen a débeda extraxudicial de xeito que de ser así resultaría que nos atopariamos nun caso de remanente negativo.
Así pois, segundo Basanta “os candidatos de dúas formacións que se presentan ás eleccións non poden presumir da súa xestión económica desde o goberno que ostentaron durante dezaseis anos, e é o momento de cambiar estas políticas de despilfarro e descontrol que levaron ao Concello a esta situación”. Pero tamén o PP é responsable en parte deste desaguisado posto que no 2008 -pola ausencia dunha concelleira do PP- aprobáronse uns orzamentos irreais e inchados que despois se foron prorrogando en anos sucesivos.
A conclusión para o BNG é clara: que este goberno municipal realizou unha nefasta xestión económica dos recursos públicos producindo no Concello un desequilibrio orzamentario que poñerá en risco a posibilidade de poder ofrecer aos cidadáns novos servicios e de atender debidamente os servicios existentes, limitando, por lóxica, tamén as futuras inversión municipais. Por iso é necesario canto antes cambiar a política económica de descontrol por outra cun control maior tanto de ingresos como de gastos, investindo naquelas cousas necesarias como servizos sociais ou creación de emprego e aforrando nas innecesarias, así como levar a cabo a recadación de todo aquilo que ata o momento non se está a recadar.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



