Estou desexando ver os programas electorais dos candidatos a alcalde dos nosos pobos, vilas ou cidades de A Mariña.
Fulanez ou Menganez para a alcaldía, a ver que nos prometen. Coa caixa baleira e a asfixiante débeda, esta vez non poderán ilusionarnos con contos de boapipa nin históricas transformacións urbanísticas. O único gran evento á vista é a chegada cada ano da primavera, verán, outono ou inverno. E en canto a obras faraónicas, haberá que deixar para outra ocasión a conversión da Mariña nun porto de transatlánticos.
Imaxino a os candidatos a alcalde melancólicos, mirando a cidade, pobo ou vila desde o miradoiro máis alto lamentando que a falta de perras gordas non poida , si gana, facer os grandes plans que ten para ela.
Porque outra cousa non, pero hai que recoñecerlle que nos últimos tempos cos cartos do goberno central, por mor da crise, a Deputación que parece estar de rebaixas as obras multiplicáronse , o noso político mira fixo e ronronea “cando acabe con ela, non a vai a coñecer ninguén”.
Os nosos alcaldes son “bos alcaldes”, pero para os visitantes: turistas e viaxeiros que gozan duns pobos mariñáns maqueados, chea de atractivos, atencións e oportunidades para pasalo ben, feiras festas e mercados. Tamén foron bos alcaldes para as construtoras e as concesionarias, que tanto se beneficiaron da súa paixón transformadora e as súas privatizacións.
Pero A Mariña, queridiños meus non só ten visitantes e comisionistas. Tamén ten veciños, e aí a ledicia vai por barrios. En canto un sae dos centros urbanos convertido en enorme centro comercial e de lecer (e onde os veciños tampouco gozan tanto como os turistas) atópase barrios e aldeas abandonadas, faltos de recursos e con servizos deficientes, e que encima son os que hoxe pagan o alto prezo de facer da capitalidade do concello un escaparate.
Son moitos os veciños e colectivos fartos desta forma de entender a cousa do bo goberno da Polis (En grego antigo cidade) de onde ver o de facer política que si traducimos daquela maneira seria “O arte de ben gobernar o cidade, pobo ou vila”.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



