Nota de prensa
PREGUNTAS XACEMENTOS ARQUEOLOXICOS NA MARIÑA
O día 30 de maio os medios de comunicación recollían a denuncia presentada polas asociacións ADEGA e MariñaPatrimonio sobre a agresión por amoreamento de terra no castro catalogado de Sumóas no concello de Xove nas obras promovidas polo mesmo concello no xacemento. Deste caso a asociación presentou denuncia tanto nos servizos provinciais da Consellaría de Cultura como no SEPRONA.
O día 2 de xuño as mesmas asociacións fixeron pública a aparición dunha posíbel fortaleza normanda no lugar de Moutillón na Praia de San Roman no Concello do Vicedo, do que deron coñecemento aos Servizos Provinciais de Cultura e Turismo.
O día 3 de xuño as referidas asociacións denunciaban os danos producidos por maquinaria pesada na apertura de camiños, tala e repoboamento forestal no castro catalogado do “Coto da Vela” e outro dos que se descoñece a súa situación legal en “Pereiraboa”, ambos no termo municipal de Xove. Na mesma data informaban que o castro do “Castelo de Celeiro” no concello de Viveiro, do que non se coñece a súa catalogación no rexistro de bens patrimoniais da Xunta, sufriu danos por actuacións forestais. Nestes casos tamén se informou aos Servizos Provinciais de Cultura e Turismo.
Da información publicada despréndese en relación aos dous castros catalogados, o de Sumóas e Coto da Vela no concello de Xove, no primeiro caso por obras promovidas polo propio goberno local e noutro por actuacións de particulares ou da propia administración local que foron practicadas sen ter informado previamente aos servizos de patrimonio da Xunta de Galiza, dando mostras evidentes de posíbeis infraccións na lexislación sobre protección do patrimonio e tamén dunha ausencia de coordinación entre os Servizos Forestais da Xunta e Patrimonio que permitiron actuacións con maquinaria pesada no Castro Catalogado da Vela. No caso dos xacementos de “Pereiraboa” en Xove e “Castelo de Celeiro” en Viveiro son exemplos da ausencia de control e respecto polo patrimonio cultural galego.
Os Concellos de Xove, nos castros de Sumóas e A Vela, e o de Viveiro no “Castelo de Celeiro” por acción ou omisión incumpriron o seu deber de conservar, protexer e enriquecer o patrimonio cultural de Galiza tal como se establece na lexislación sobre protección do patrimonio, poñendo en perigo a súa existencia.
Polo exposto, preséntase as seguintes preguntas:
1.- Cales foron as medidas tomadas pola Consellaría de Cultura e Turismo para estudar, protexer e conservar os xacementos inventariados de Sumoas e Coto da Vela e os de Pereiraboa, Castelo de Celeiro e a posíbel fortaleza normanda do Moutillón na praia de San Román nos concellos de Xove, Viveiro e o Vicedo?
2.- Realizou a Consellaría de Cultura e Turismo investigacións sobre o procedemento, tramitación administrativa para actuar e danos causados nos castros catalogados de Sumóas e Coto da Vela no Concello de Xove?
3.- Cales foron os danos detectados nos Castros de Sumoas, Coto da Vela, Pereiraboa e Castelo de Celeiro?
4.- Que medidas adoptou a Consellaría de Cultura e Turismo para evitar novos danos nos Castros aos que se fai referencia na anterior pregunta?
5.- Ten previsto a Consellaría de Cultura adquirir algunha medida preventiva que permita o cruce de datos coa Consellaría do Medio Rural para evitar mais danos nos xacementos arqueolóxicos galegos?
6.- Cal foi o resultado dos estudos realizados en relación á posíbel existencia dunha fortaleza normanda no lugar de Moutillón na praia de San Román do concello do Vicedo?


















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



