Nota de prensa:
ADEGA e a ORGACCMM presentan propostas para a modificación da Lei de Montes aos grupos da oposición
Compostela, 8 de xullo de 2001. Responsábeis de ADEGA e a ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades de Montes) veñen de manter unha xuntanza coas voceiras de medio rural no Parlamento de Galiza Sonia Verdes (PSdG-PSOE) e Tareixa Paz (BNG) para expoñerlles as propostas das dúas organizacións ao borrador da nova Lei de Montes que pronto entrará no Parlamento. En opinión de ADEGA e a ORGACCMM trátase dunha norma fortemente regresiva que non só vai retrotraer a xestión forestal á época de Fraga, senón que pretende desmontar a protección do monte comunal, introducir ferramentas especulativas ao gosto á gran industria forestal e enerxética, e rebaixar a capacidade de intervención da administración para deixar nas mans dos mercados a xestión do monte.
O borrador apresentado por Juárez non é unha lei de carácter integral, apesar da importancia do monte na vertebración social e territorial do país, ao faltar conexións con aspectos agrarios, sociais e ambientais. Esquece aspectos novidosos para xestión do monte como a participación pública efectiva (máis aló do trámite de consulta), a custodia do territorio, a multifuncionalidade ou a compra responsable de produtos e servizos do monte, entre outros. Tampouco aparecen temas fundamentais que deberían incorporarse na xestión do monte como os valores culturais, etnográficos, paisaxísticos, a restauración de terreos queimados, os vieiros ecolóxicos, a conservación dos hábitats e especies ameazadas, a prevención de pragas e doenzas, etc. Fican esquecidas e sen solución o abandono da xestión e a estrutura minifundista da propiedade e o texto tampouco intervén sobre os aproveitementos eólico, solar, de rochas e minerais así como o problema das cortas a feito nas carballeiras e masas de frondosas autóctonas.
Un dos aspeitos máis graves deste borrador é a modificación pola porta de atrás da Lei 3/2007 de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais que queda practicamente baleira de contido. Sen unha base técnica que o xustifique, diminuense as distancias de salvagarda da vexetación ás vivendas; redúcense os anos nos que se limita o aproveitamento dos terreos queimados; elimínase o mosaico de parcelas e a prohibición de establecer masas monoespecíficas de máis de 50 hectáreas continuas; ábrese de novo a posibilidade de forestar terras agrarias; desvíase cara os concellos parte das responsabilidades de control…
Dende ADEGA e a ORGACCMM apostamos polo futuro dos nosos montes que pasa por unha xestión sustentábel, integral, activa e participativa. A pesar das lamentábeis declaracións de Juárez certificando a falta de ideas e alternativas da actual Xunta para frear o despoboamento do rural, ecoloxistas e comuneiros insistimos en que o rural ten futuro e a xestión sustentábel do monte é unha das chaves. Apostar polo noso rural non é unha opción, é unha obriga para quen nos represente en calquera das institucións democráticas. O contrario supón negar o noso pasado e pechar as opcións das xeracións futuras.






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



