Nota de prensa
A Consellería do Mar fai realidade así un compromiso electoral dos populares galegos dirixido a compensar a situación de precariedade e deterioro na que se atopaba este servizo co goberno bipartito
O PP SALIENTA O SIGNIFICATIVO AVANCE QUE SUPÓN O REFORZO DA OPERATIVIDADE DOS MEDIOS MARÍTIMOS DOS GARDACOSTAS QUE TAMÉN TRABALLARÁN AS 24 HORAS DO DÍA OS 365 DÍAS DO ANO
• Os buques deste servizo autonómico disporán de persoal suficiente para atender con inmediatez calquera incidente que se produza no mar e colaborarán no ámbito da protección dos recursos e do medio ambiente mariño.
• Pouco despois de que accederan os populares á responsabilidade de goberno a Xunta tamén reforzou a tripulación dos helicópteros Pesca 1 e Pesca 2, garantindo a súa plena operatividade.
Santiago, 6 de xullo de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, salientou o significativo avance no ámbito da seguridade marítima e a boa acollida que acadou no sector pesqueiro a decisión de reforzar o persoal dos buques adscritos ao servizo de Gardacostas de Galicia, de tal xeito que se garanta a plena operatividade destes medios marítimos as 24 horas do día, os 365 días do ano, o que permitirá atender con inmediatez calquera incidente que poida producirse no mar.
Balseiro Orol indicou que esta boa nova supón facer realidade un compromiso electoral do Partido Popular, asumido diante dos profesionais do mundo da pesca e do marisqueo, e dirixido a compensar a situación de precariedade e deterioro na que se atopaba este servizo de emerxencias durante o goberno bipartito. Ademais lembrou que na pasada lexislatura esta mesma petición xa foi solicitada polo Grupo Parlamentario Popular a través dunha moción, pero daquela contou co voto en contra do PSOE e do BNG
REFORZO PREVIO DOS MEDIOS AÉREOS
O voceiro popular lembrou que ao reforzo da operatividade dos medios marítimos, decidido no Consello da Xunta que tivo lugar onte, cómpre engadir a decisión adoptada pouco despois de acceder o Partido Popular á responsabilidade de goberno en Galicia, cando reforzou a tripulación dos helicópteros de salvamento Pesca 1 e Pesca 2, garantindo tamén a súa operatividade ás 24 horas do día e os 365 días do ano.
Jose Manuel Balseiro salientou o esforzo que supón, nun contexto de enorme contracción orzamentaria, que a consellería que dirixe Rosa Quintana, decida priorizar o investimento de 2.406.539 euros para continuar na liña de mellora permanente deste servizo, o que amosa con claridade o compromiso permanente e crecente dun goberno, o de Galicia, e dun partido, o popular, cos profesionais do mundo da pesca e do marisqueo.
GARDACOSTAS DE GALICIA
O Servizo autonómico de Gardacostas non só ten por obxecto a participación nos operativos de salvamento e rescate, xunto a iso desenvolve tarefas de preservación do medio mariño e protección dos recursos e de control da contaminación, que tamén se verán reforzadas grazas á decisión adoptada no día de onte pola Xunta de Galicia.
O Goberno galego autoriza polo tanto a prórroga do contrato entre os Gardacostas de Galicia e a empresa Romolcanosa para a xestión destes medios marítimos. O contratista terá a súa disposición o remolcador de salvamento Sebastián De Ocampo, o buque de salvamento e apoio Irmáns García Nodal, o buque polivalente Valentín Paz Andrade e a patrulleira Paio Gómez Chariño. Ademais, cóntase co buque Ría de Vigo, contratado pola Xunta de Galicia e a Axencia Europea de Seguridade Marítima.
SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DO GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR DE GALICIA. Telfs. 981-55.15.19/20




















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



