Nota de prensa
Despois de tres anos de andaina feminista na Mariña, o Observatorio fai balance das actividades desenvoltas e presenta a nova programación
Iniciamos o ano despedíndonos da exposición “Feminismo Galego” que trouxemos para a Mariña, relevante para á sociedade por explicar os xermolos do feminismo como movemento que aspira a transformar a sociedade actual nunha igualitaria e para nós como organización feminista que debe coñecer a historia. Tamén presentamos e puxemos a venda a I Axenda Feminista, resultando ser máis atractiva do que pronosticaramos.
Este ano caracterizouse por poñer en marcha unha serie de iniciativas novidosas para a comarca como foi o I Ciclo de cinema erótico na Mariña, o I debate en período electoral de Igualdade e Mocidade e o I Concerto de Músicas e Letras en feminino co obxeto de promover a creación artística das mulleres da Mariña, tanto das que se achegan ás diferentes artes dunha forma amateur, de desenvolvemento persoal, como daquelas que desenvolven proxectos artísticos profesionais.
Tamén levamos a cabo a publicación do libro “Actitudes de xénero no profesorado e alumnado de secundaria da Mariña. Claves para unha escola coeducativa”, idea que xurde a raíz do noso primeiro traballo de investigación realizado ao longo do ano 2010.
A nosa participación en foros, xornadas, etc. foi moi activa nestes meses. O Observatorio foi requirido tanto para impartir unha conferencia para profesorado do IES de Foz sobre Xénero e Lingua, como para participar nas Xornadas de Violencia de Xénero dos Concellos de Ares e de Ribadeo. Tamén contouse coa presenza do Observatorio nunha das mesas que conformaron o I Encontro de Consellos Municipais da Muller, desenvolto na cidade olívica.
E nestes meses denunciamos as situacións que frean a conquista da sociedade igualitaria e sen discriminacións. Así foi coa imposibilidade de poder practicar a interrupción voluntaria do embarazo no Hospital da Costa, coa aprobación da Lei de familia por parte da Xunta de Galicia, coa infrarepresentación feminina nas listas electorais dos últimos comicios, e coa colaboración da USC nun curso de verán que versa sobre o SAP.
Toda o traballo do Observatorio, desde as actividades que realizamos polas diferentes vilas da Mariña, as denuncias, as campañas, etc. pode consultarse na páxina web www.observatorioigualdade.org ou no facebook.
Ao longo dos vindeiros meses iremos difundindo novas actividades, como O outono feminista e o novo proxecto educativo que queremos implantar nos centros educativos, “Facendo un xogo coeducativo: o trivial feminista”. Seguiremos tamén dando continuidade a aquelas actividades que consideramos que deben manterse no tempo, como o ciclo de charlas-café, III Videoforum “Mulleres no Mundo”, …..
O OMI seguirá a ter presenza e a demandar a igualdade de xénero na Mariña. Por iso, seguiremos activas e emprederemos a finais de ano unha orixinal campaña de achegamento de voluntarias á entidade. E a nova axenda feminista para o ano 2012 vai traer sorpresas.






















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



