Nota de prensa
A EMMeD DE RIBADEO INICIA O CURSO 2011/2012. O CENTRO CONTARA CON ARREDOR DE 300 ALUMNOS E ALUMNAS MATRICULADOS.
Ribadeo, 26 de setembro de 2011. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo realizará este martes, 27 de setembro, ás 20.30 horas no claustro da Casa do Mar, o acto de presentación oficial do novo curso académico 2011-2012. Nel estarán presentes a concelleira de Cultura, Mariluz Alvarez Lastra, o director da EMMeD de Ribadeo, Hugo García Presno e máis as profesoras e profesores que compoñen o cadro docente da Escola para este curso. O inicio regular das clases será o vindeiro luns 3 de outubro.
A EMMeD de Ribadeo impartirá este ano un total de 15 especialidades (linguaxe
musical, música e movemento, ballet/danza, canto, frauta traveseira, óboe/fagot,
clarinete, saxofón, vento-metal, percusión, acordeón, violín/viola, guitarra, piano e
gaita) aos arredor de 300 alumnos e alumnas que fixeron efectiva a súa matrícula para este curso. O director do centro, Hugo García Presno, amosa a súa satisfación pola “estabilidade que ano tras ano presenta o número total de persoas matriculadas no centro, o que denota confianza no traballo que se fai na EMMeD de Ribadeo e reforza a ilusión coa que afrontamos este novo curso”. García Presno destaca “o aumento de persoas adultas matriculadas así como o crecente interese na materia de gaita que en tres anos duplicou o número de alumnas e alumnos facendo bo un dos lemas que comparte a Escola: música para todas/os, todas as músicas”.
Segundo sinala o director da EMMeD de Ribadeo o programa académico que se vai desenvolver no centro vai ser semellante ao de anos anteriores “complementando o traballo na aula cos festivais de Nadal, Santa Cilla, as Letras Galegas ou fin de curso, a charanga no entroido, as actividades solidarias ou as audicións co fin de achegar o que facemos ao público”. Entre os obxectivos da Escola ribadense atópase o seguir traballando en dous eixes que se veñen potenciando nos últimos anos: a consolidación das formacións estables do centro (orquestra de cámara ou banda infantil, entre outros) e a implicación do alumnado e máis da comunidade educativa (familia, docentes, administración…) en materias transversais presentes tamén no ensino que se ofrece na EMMeD de Ribadeo como son a solidariedade ou a educación para a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
Antes do comezo das clases, o luns 3 de outubro, a EMMeD de Ribadeo realizará
durante os días 28, 29 e 30 de setembro a fixación de horarios para as materias
individuais e máis para as colectivas.























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



