A austeridade da Xunta na xestión dos residuos: 10 millóns de euros máis ao lixo
Compostela, 23 de setenbro de 2011. O Plano de Residuos de Feijóo amosa novamente a súa verdadeira faciana. Perante a incapacidade de SOGAMA para tratar o lixo que chega ao complexo de Cerceda e a imposibilidade de ter en marcha a segunda incineradora nesta lexislatura, a solución do PP é sinxela: agrandar o vertedoiro para seguir amoreando lixo. Isto é o que supón a ampliación do vertedoiro da Areosa, aprobada onte polo consello da Xunta e na que vanse gastar 110.308.338 €. É a cara “B” de SOGAMA, que Hernández e Feijóo teiman en defender: desbaldimento de cartos públicos, megawatios para os amigos a cambio de incineradoras, e sabotaxe dos sistemas alternativos. Mentres, á marxe desta política irracional e antiecolóxica, a cidadanía aposta cada vez máis pola reciclaxe e compostaxe, dando exemplo de eficiencia e compromiso a unha Xunta cuxa política de residuos fica ancorada na época de “Cuéntame…”
Na apresentación aos medios da ampliación do vertedoiro, a Xunta admite uns vertidos anuais de 350.000 Tm, isto é, máis dun terzo do lixo que chega a Cerceda. Se atendemos aos datos do PXRUG, e considerando unha perda de masa no proceso do 42% (fundamentalmente vapor de auga procedente do secado lo lixo para o que SOGAMA queima medio millóns de megawatios de gas natural ao ano), das 900.000 Tm que chegan anualmente a a Cerceda, o 72% irá directamente a vertedoiro!
A Xunta asume deste xeito a súa incapacidade para tratar os residuos dos concellos e, contrariamente ao publicitado na súa nota, fai evidente o fracaso do modelo SOGAMA baseado sobre todo no vertido (a última opción da xerarquía de tratamento) e contrario ao establecido nas directivas europeas, na lei estatal e na lei galega de residuos. Ademáis, SOGAMA é unha ruína para os concellos e un engano á cidadanía: pagan polo transporte e o tratamento dos residuos enormes custos que hipotecan as economías municipais e a Xunta remata botando case todo ao vertedoiro. Os cidadáns/ás esfórzanse en separar o lixo nos seus fogares e reciclar nos mumerosos programas de compostaxe caseira e comunitaria promovidos por ecoloxistas e concellos, e a Xunta remata meténdoo todo xunto baixo a amfombra de SOGAMA.
Esta ampliación supón seguir agrandando o buraco negro de SOGAMA para engulir máis lixo: unha fuxida cara adiante para continuar mercadeando cos residuos, enriquecendo ás eléctricas e baleirando as arcas dos concellos.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



