Nota de prensa
O Goberno provincial resposta ante unha pregunta da deputada popular Elena Candia que aínda non saben se iniciarán un novo proceso de alleamento das instalacións ou executaran accións para adecentalas e poñelas en valor
Catro anos despois a Deputación aínda non ten claro que facer co Mirador de Mondoñedo
Candia amósase disposta a compensar a “falta de ideas e pouco interese” do bipartito provincial e “substituír a inacción do goberno” propoñendo alternativas con particulares e empresas interesadas na xestión do mirador.
Mondoñedo, 28 de setembro de 2011.- O bipartito provincial aínda non ten claro que fará coas instalacións do Mirador de Mondoñedo, todo iso a pesares de que xa transcorreron catro anos desde que asumiron a responsabilidade de goberno e desde entón continúan con esta cuestión dentro dos moitos asuntos pendentes. En resposta a unha pregunta rexistrada pola deputada popular Elena Cándia, no pleno da Deputación que tivo lugar no día de onte, os responsables do organismo provincial aseguraron non ter claro si iniciarán un novo proceso de alleamento das instalacións –tras quedar deserto o anterior- ou polo contra, si apostarán por executar directamente accións para adecentalas e poñelas en valor.
A líder dos populares mindonienses lamenta a “indefinición e falta de ideas” do Goberno provincial e salienta que levan anos desoíndo as peticións efectuadas polos veciños e polo propio Pleno da Corporación Municipal de Mondoñedo –incluído os grupos locais do BNG e o PSOE- que reclaman á Deputación por unanimidade a recuperación desta instalación.
Resulta “incrible que a estas alturas no Goberno bipartito provincial aínda non teñan claro o que queren facer co Mirador de Mondoñedo e que estean desaproveitando deste xeito unhas instalacións que poderían constituír, previamente acondicionadas, un punto de atracción turística relevante para a nosa vila”. Con todo a Elena Candia non lle sorprende esta postura da Deputación “pois día a día amosan que actúan con improvisación e con falta de perspectiva estratéxica, incluso naqueles proxectos que poderían ser positivos para o conxunto dos veciños”
A portavoz dos populares mindonienses tamén explicou que na súa resposta os responsables da Deputación amosáronse dispostos a tratar “con especial atención” as iniciativas de particulares o empresas que puideran estar interesadas na xestión deste mirador e incluso emprazáronlle a ela a dar conta das mesmas. Un “compromiso que espero sexa real, e polo tanto que cumpran, xa que ante a incapacidade e pouco interese do goberno provincial para facelo, non temos ningún problema desde o Grupo Popular en substituílos e propoñer alternativas en beneficio de Mondoñedo e da provincia”












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



