Nota de prensa
MARCOS SEIJO E ESTHER PEDROSA RESULTARON GAÑADORES DA
XIII EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIVEIRO
O atleta Marcos Seijo da Coruña, resultou vencedor da XIII edición da Carreira Popular Concello de Viveiro despois de competir duramente ata os metros finais co atleta portugués Luis Sa. En mulleres a vencedora tamén se decidiu ó final entre a vencedora da edición anterior Esther Pedrosa e a atleta Raquel Suarez.
O número de inscritos foi de 217 rematando a proba 192, nas distintas categorías os vencedores foron:
Cadete masculino: 1º Paulo Cunha, 2º Ricardo Barbosa, 3º Adrian Ben
Xunior Femenino: 1ª Carla Oliveira, 2ª Maria Souto
Xunior Masculino: 1º Brais Casas, 2º Adán Fra, 3º José Casabella
Senior Femenino: 1ª Raquel Suarez, 2ª Maria Hurtado, 3ª Águeda Blanco
Senior Masculino: 1º Jose María Rodríguez, 2º Luis Alfonso Novo, 3º Delio Val
Veteranas A Femenino: 1ª Sonia Prieto, 2ª Patricia García, 3ª Maria Elba Mendez
Veteranos A Masculino: 1º Jose Manuel Corral, 2º Jose Manuel Teijeiro,
3º Jose Ángel López
Veteranas B Femenino: 1ª Esther Pedrosa, 2ª Teresa Corral, 3ª Carmen Rodríguez
Veteranos B Masculino: 1º Marcos Seijo, 2º Luis Sa , 3º Jose Ángel Sánchez
Veteranas C Femenino: 1ª Isabel Brea
Veteranos C Masculino: 1º Victor Sande, 2º Santiago Merino , 3º Andrés Pena
Veteranos D Masculino: 1º Jose Luis Bouza, 2º Juan Luis Gomez , 3º Gerardo Perez
Veteranos E Masculino: 1º Javier Toro, 2º Fernando Porto , 3º Luis Miguel García
Veteranos F Masculino: 1º Jose Luis Merodio, 2º Joaquim Sa ,
3º Antonio Hernández
Recibiron premio en metálico, as cinco primeiras mulleres que foron:
1ª Esther Pedrosa
2ª Raquel Suarez
3ª Maria Hurtado
4ª Sonia Prieto
5ª Águeda Blanco
No apartado masculino:
1º Marcos Seijo
2º Luis Sa
3º Jose Manuel Corral
4º Paulo Cunha
5º Victor Sande
Fixeron entrega dos trofeos o concellal nacionalista de deportes do Concello de Viveiro, Manuel Galdo, o Vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga e o secredario do C.D. Egovarros-Viveiro, Xose Antón Goas.
Dende a organización quérese agradecer a colaboración prestada polo Concello de Viveiro, Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Policia Local, Protección civil, Coca-Cola, Pizzerias Pizz-Bur, Bodegas Ribeirao, Augas Fontecelta e demáis casas comerciais que colaboraron coa organización.










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
