Nota de prensa
O BNG xovense quere unhas eleccións “limpas”
Os nacionalistas presentarán unha moción para que a Administración local habilite taboleiros ou paneis para a colocación de propaganda electoral
En Xove téñeno claro: a pegada indiscriminada de carteis en cada proceso electoral dá mala imaxe. Por esta razón o portavoz do Grupo Municipal do BNG na cámara municipal anunciou a presentación dunha iniciativa que pretende ser exemplarizante. Marco López entende que a ausencia de lugares debidamente indicados e sinalizados para a colocación de propaganda electoral provoca que, elección tras elección, “os carteis electorais se manteñan varios meses, e incluso anos, pegados nos muros e valados”. Iso, segundo o voceiro do BNG, responde a un “modelo obsoleto” de ausencia de compromiso cos valores medioambientais e estéticos “que non pode ter cabida no noso concello”.
López declarou que, tras esta iniciativa no Bloque xovense, “só queda que o pleno aprobe a nosa moción” e, deste xeito, “se habiliten taboleiros ou paneis en todas as parroquias onde poder colocar a propaganda electoral en futuros comicios, a comezar polas vindeiras Eleccións Xerais que se celebrarán o 20 de novembro”. Desde o BNG insistiron en que, así, “daremos unha imaxe moderna e civilizada, o que contribuirá a facer de Xove un municipio atractivo e coidadoso co noso entorno”.















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



