A Escola Municipal de Música comeza un novo curso musical. Como inicio, o, sábado 1 de outubro ás 12:00 horas nunha aula do antigo colexio de Palmeiro vai ter lugar a presentación do curso. A este acto de presentación, no cal se van explicar tódalas claves do Curso, horarios, titorías, materias a impartir, etc., están invitados tódolos alumnos/as e as súas familias. Ademais disto, dende a escola e durante este fin de semana, os dias 1 e 2 de outubro, vanse realizar unhas xornadas musicais no colexio de Palmeiro, que van rematar cun concerto no Centro Cívico. O programa destas xornadas musicais é o seguinte: Sábado 1 de outubro.- Ensaios da Orquesta de 11:00 a 14:00 h. pola mañá e de 16:00 a 18:00 pola tarde. Domingo, 2 de outubro.- Ensaios de 11:00 a 14:00 h. pola mañá e de 16:00 a 17:30 h. pola tarde. Unha vez rematado os ensaios e ás 18:00 horas (6 da tarde) no Salón de Actos do Centro Cívico, vai ter lugar un concerto musical co programa Suite Italiana……Sheila Nelson (conxuntamente coa Orquestra Infantil da Escola). -Sinfonía nº 2 de Gounod. 1º Movemento, a a cargo da Orquestra.










No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



