Nota de prensa
O PROFESORADO DO IES ILLA DE SARÓN DE XOVE REIVINDICA UN ENSINO PÚBLICO DE
CALIDADE
NUNHA COMUNICACIÓN ENVIADA A NAIS E PAIS EXPLICAN OS MOTIVOS DAS SÚAS
PROTESTAS
O Claustro de profesoras e profesores do IES Illa de Sarón de Xove decidiu
na reunión ordinaria celebrada o pasado xoves, enviar ás nais e pais do seu
alumnado unha comunicación na que explican os motivos do seu desacordo coas
últimas medidas adoptadas pola Consellería de Educación. Segundo o
profesorado deste instituto as razóns que os levan a optar por medidas de
protesta son:
A) Os recortes que se fan no ensino público ao tempo que se aumentan as
subvencións á privada
A Xunta pretende recortar de aquí a fin de ano 8,7 millóns de euros no
ensino público pero ao mesmo tempo crea novas unidades na privada ou aproba
unha asignación extraordinaria de 220.000 euros para centros concertados.
B) A redución dos cadros de persoal docente.
No presente curso reducíronse en Galiza máis de 1000 postos de traballo no
ensino público
Contar con menos profesorado dificulta a realización de apoios, a
organización de desdobres,…. e implica peor atención educativa porque,
nalgún caso, hai profesoras e profesores que se ven obrigados a impartir
tres ou catro materias das que non son especialistas.
C) O incremento do horario lectivo e a imposición de funcións que non lle
son propias ao profesorado.
Neste curso, o profesorado ten ata catro períodos máis de docencia. A
xornada laboral segue sendo de 37 horas e media semanais, pero impóñennos
como norma 20 horas de docencia o que nos obriga a adicarlle menos tempo a
outro tipo de actividades como dinamizacións da biblioteca, recursos TIC,
convivencia escolar, mellora da calidade educativa e dinamización de
programas internacionais ,… o que, ao noso entender, vai en detrimento da
calidade do ensino.
Cando se fala de que traballamos vinte horas á semana non se ten en conta o
tempo adicado á preparación de clases, á programación de actividades
individualizadas para alumnado con problemas, ás entrevistas con nais e
pais, á organización e participación en actividades extraescolares, etc.
Por outro lado, impónselle ao profesorado a realización de funcións que
non lle son propias, como a custodia do alumnado desde a chegada ou ata a
saída do transporte escolar .
D) Non se trata de medidas para mellorar a atención ao alumnado.
Aínda que os alumnos e alumnas reciben as mesmas horas de docencia que
tiñan o ano pasado, ao ter menos profesorado e cos horarios máis
saturados, non se beneficiarán de reforzos, apoios, proxectos innovadores,
…, e en moitos casos, como medida de protesta, deixaranse de organizar
actividades extraescolares.
Diante desta situación, o claustro de profesoras e profesores do IES Illa
de Sarón, aínda compartindo a maioría das razóns que levan ao profesorado
doutros centros a tomar esta medida de forza, decidiu, polo de agora, seguir
organizando actividades extraescolares e complementarias, porque entenden
que a súa eliminación pode supor un deterioro educativo e pedagóxico que
se materializa na discriminación do alumnado do ensino público fronte ao
da privada.
Por último o profesorado quere deixar ben clara a súa postura e indican
que:
“As nosas protestas e reivindicacións foron, son e serán POLA DEFENSA DUN
ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE e das condicións nas que os seus fillos-as
reciben a súa formación; por iso é importante que nos unamos todas e todos
para defender o ensino público e rexeitar todos aqueles recortes que impidan
un verdadeiro ensino de calidade.”
Claustro de profesores e profesoras do IES Illa de Sarón. Xove










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



