Nota de prensa
ISMAEL REGO PREGUNTA NO PARLAMENTO POLAS MEDIDAS QUE VAI ADOPTAR O GOBERNO DE FEIJOO PARA FAVORECER A VIABILIDADE DA FABRICA DE MUEBLES HERMIDA EN LOURENZÁ
-O deputado do Grupo Socialista Ismael Rego reclamou á Xunta que non se manteña de espectador, e que participe activamente para favorecer a viabilidade desta empresa, e favorecer así o cadro persoal.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego anunciou hoxe que rexistrou unha pregunta oral en Pleno para coñecer que medidas que vai impulsar o Goberno de Feijoo para favorecer a viabilidade da fabrica de Muebles Hermida en Lourenzá (Lugo).
Rego reclamoulle á Xunta que non se manteña de espectador, e que participe activamente para favorecer a viabilidade desta empresa, e favorecer así o cadro persoal.
O deputado socialista explica que a fábrica de mobles Hermida de Lourenzá é unha das empresas máis relevantes e de maior prestixio da comarca da Mariña Luguesa. Elo, en virtude do seu arraigo e prestixio de moitos anos na zona e, especialmente, polo que supón de creación e mantemento dun numero importante de postos de traballo, o que a ten convertido no principal sustento económico de máis de duascentas familias
Rego sinala que precisamente por estes dous factores, o recente anuncio da dirección da empresa aos representantes dos traballadores da súa intención de por en marcha un Expediente de Regulación de Emprego extintivo, que afectaría a máis do 50% da sua plantilla, supuxo unha gran conmoción non só para o persoal da empresa directamente afectado, senón tamén para os habitantes da zona na que esta radicada, dada a incertidume que se cerne sobre un numero moi considerable de postos de traballo, directos e indirectos.
Subliña que a nova sorprendeu tamén pola capacidade de emprendemento amosada pola dirección da empresa levando a cabo recentes procesos de ampliación e modernización das súas instalacións e aos que non foron alleas as administracións e as axudas públicas financiadas con recursos de todos os contribuíntes.