En Islandia tras a quebra económica o pobo empezou a tomar o poder nas súas mans e até os banqueiros especuladores e chourizos de similar ralea empezaron a entrar en prisión. Os islandeses organizáronse e están a decidir e construíndo a sociedade que desexan, dando un exemplo ao mundo, e especialmente a occidente, axeonllada ante o poder financeiro.
Islandia foi vítima, como outros países, do saqueo de varias decenas de persoas e grupos financeiros, que levou o país á quebra. Foi entón cando os cidadáns deron un paso á fronte e comezaron unha revolución que foi silenciada polos grandes medios, quizá para que non tomemos exemplo.
Aquí en Galicia, como sempre na nosa historia “mexan por nos e dicimos que chove”
Esta semana foi noticia as enormes cantidades que cobraron (ou roubaron) os directivos de Caixanova, uns 20 millóns, e da outra os ex directivos de Caixa Galicia, José Luis Méndez, director xeral até setembro de 2010, e Javier García de Paredes, antigo director xeneral adxunto, e outros ex altos cargos da entidade que tiña sede na Coruña recibiron ao redor de 20 millóns ao abandonar a cúpula da caixa galega ….) Outro cinco altos cargos da caixa, entre os que se atoparían Juan Dapena e Xullo Rivero, tamén procedentes de Caixa Galicia, recibiron tamén compensacións.
Ou sexa que mais de 40 millóns de euros (6.655.440.000 pesetas) dos aforros das clases baixas e medias galegas foron evaporados por esta ducia de “mangantes” que exerceron unha pésima dirección cegados pola cobiza do ‘boom do ladrillo’ e a súa inutilidade e incompetencia.
Ademais a ruína da entidade resultante tras a fusión tivo que ser rescatada polo Estado cun desembolso de máis de 2.465 millóns de euros aos que temos que sumar os 1 500 que puxera hai uns meses para sanear a unión de ambas caixas.
Como se pode consentir que os directivos de dúas entidades salvadas con millóns de euros públicos marchen á casa cus 40 millóns en indemnizacións?
E aquí na terra do nabo ninguén pronuncia o ‘mea culpa’ e os cidadáns de a pé seguemos traballando para que outros lacazáns nos rouben o noso suor.
Ninguén ten a culpa, faltaría plus, a Xunta bota balóns fóra, tutelou a fusión das caixas, e agora arremete contra o Banco de España, dependente do Estado, por non controlar a tolemia inmobiliaria.
Pero, un que é un mal pensado teña nesta noticia a resposta oportuna ao seu cabreo:
Os tres partidos de Galicia están representadas nos órganos de goberno de NovaCaixaGalicia (NCG), como o estaban nos de Caixa Galicia e no de Caixa Nova. Certo é que non participan directamente como partidos, pero hai militantes seus nas cúpulas directivas das caixas en representación de concellos e deputacións.
Ningunha forza asumiu responsabilidade algunha nas escandalosas indemnizacións que cobraron os máximos directivos destas entidades tras deixar os seus cargos. Máis de 40 millóns cando o Banco de España acaba de valorar NCG en 181.
Por lei, esas indemnizacións teñen que ser forzosamente aprobadas polo Consello de Administración das caixas. A lexislación tamén obriga ás caixas a publicar os préstamos que lle concederon aos partidos que participan nos seus órganos internos.
Partido Socialista Obrero Español: 730 000 euros
Bloque Nacionalista Galego: 3.753 000 euros
Partido Popular: 376 000 euros
Ademais, en 2010, dúas destas forzas lograron importantes empréstamos, tanto da caixa baseada en Vigo como na de Coruña. Quen máis operacións asinou o ano pasado foi o Bloque. Catro delas con Caixanova:
538.000 euros nun préstamo a un ano cun interese do 2,75 %.
200.000 euros nun préstamo a 10 anos ao 5 %.
277.000 euros nun préstamo a 10 anos ao 5 %.
435.000 euros nun préstamo a 10 anos ao 5 %.
Caixa Galicia prestoulles aos nacionalistas outros 100.000 euros a 15 anos ao 3,5%. En 2010, o PPdeG asinou unha hipoteca a 15 anos por 372.000 euros ao 3,75% de interese.
Así as cousas solo temos que recordar aquelo de: NON POÑER A COIDAR DAS GALIÑAS AO RAPOSO”
Otero Regal




Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



