Nota de prensa:
A Escola de Imaxe e Son acolle este xoves un casting para a curtametraxe Post Morten dos estudantes
– A proba terá lugar no Salón de Actos da EIS, na rúa Frei Plácido Lemos da capital, dende as 16:30 ás 20:00 horas, facilitando o seguinte correo no caso de non poder acudir neste horario: princpr2011@gmail.com
– Os actores deste thriller que realizan os alumnos do único centro en Lugo que imparte ensinanzas da rama audiovisual, deberán ter entre 25 e 35 anos
– Esta curtametraxe inclúense dentro das prácticas formativas que ofrece a Escola da Fundación TIC co fin de achegar ós estudantes ó mundo laboral
Alumnos da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC, o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual, realizarán mañá, xoves 1 de decembro, un casting de actores para Post Morten, unha das curtametraxe que realizan os estudantes como traballo fin de curso.
Nas probas, nas que poderán participar persoas de entre 25 e 35 anos, terán lugar no Salón de Actos da EIS, na rúa Frei Plácido Rei Lemos da capital, dende as 16:30 horas ata ás 20:00 horas. No caso de non poder asistir neste horario, pódese enviar un correo electrónico a princpr2011@gmail.com, amosando o interese no casting.
Un Thriller como formación
Post Morten é o título dun thriller que conta a historia de Pablo, un mozo que ve alterada a súa tranquila vida ó recibir a chamada do seu gran amigo Lucas, que se atopa en apuros. É a partir dese momento cando terán que demostrar ata onde chega a súa amizade.
Para a súa rodaxe, que terá lugar os días 25,26 e 27 de xaneiro, os alumnos da Escola de Imaxe e Son contan co apoio do profesorado. O traballo inclúe a elaboración do guión, a produción, a gravación e posterior montaxe. Trátase dunha práctica formativa do Centro educativo para a cal os estudantes disporán de todos os medios técnicos necesarios co obxectivo de desenvolver o seu traballo a nivel profesional, e coas que se busca achegar ós alumnos ó mundo laboral.





















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



