Nota de prensa
COMEZAN OS CURSOS EN FOZ
Comezan os cursos organizados pola Delegación de Cultura do Concello de Foz para persoas adultas.
Este ano ofertanse os seguintes:
Nois:
AEROBIC-Os luns e venres de 10:00 a 11:00- Centro Social A Saira.
BORDADO- Luns e venres de 17:00 a 19:00- Centro Social A Saira.
Fazouro:
BORDADO-Luns de 16:00 a 18:00- No local da Antiga Escola de Fazouro.
AEROBIC- Martes e Xoves de 19:15 a 20:15h. No local da Antiga Escola de Fazouro.
Marzán:
XIMANSIA DE MANTEMENTO- Luns e mércores de 10:00 a 11:00 no Local da Asoc. de Veciños “A Báscula”
COCIÑA: Xoves de 20:00 a 22:00 no Local da Asoc. de Veciños “A Bascula”.
San Martiño:
PILATES- Luns e venres de 16:30 a 17:30
Cangas:
YOGA: Luns e mércores de 19:30 a 20:30 h. No Centro Cívico de Cangas
COCIÑA: Venres de 20:00 a 22:00 h. No Centro Cívico de Cangas
Vilaronte:
PILATES: Martes e xoves de 17:30 a 18: 30 h. No local da Asoc. de Veciños O Castro.
COCIÑA: Pendente horarios. No local da Asoc. de Veciños O Castro
San Acisclo:
BORDADO: Mércores de 16:00 a 18:00 h. Antiga Escola de San Acisclo.
Cordido:
COCIÑA: Mércores de 20:00 a 22:00 h. Local da Asoc. de Veciños de Cordido.
Sta. Cilla:
BOLILLOS: Venres de 16:00 a 18:00 h. Local da Asoc. de Veciños Sta. Cilla.
Foz:
PILATES:
Grupo mañá de PILATES- Martes e xoves de 9:00 a 10:00 no Local do Centro Social de Foz-Planta baixa.
Grupo 1 tarde de PILATES- Martes e xoves de 16:30 a 17:30 no Local do Centro Social de Foz-Planta baixa.
Grupo 2 de tarde PILATES- Luns e mércores de 21:00 a 22:00 no Local do Centro Social de Foz- Planta baixa
ENCAIXE DE BOLILLOS: Martes de 16:00 a 18:00 h. na 4ª Planta do Centro Social de Foz.
CERÁMICA PARA DISCAPACITADOS: Mércores De 16:00 a 18:00 na Casa do Mar de Foz.
Os cursos comezan esta semana os días programados para cada un. As persoas interesadas poden vir anotarse á Casa da Cultura do Concello de Foz ou asistir directamente ao curso donde as anotarán.
Todalas persoas que o desexen poderán asistir a calquera dos cursos que teñen lugar en todo o municipio.
O custo do curso é de 10 ou 15€/ mensuales dependendo do tipo de curso facéndose cargo o concello da diferenza.
Nota: Algún curso poderá sufrir cambios de día/horario en función dos asistentes.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



