Nota de prensa
O BNG ADVIRTE DE QUE 400 EMPREGOS CORREN RISCO NA MARIÑA SE A XUNTA CONTINÚA COA SÚA POLÍTICA EN RELACIÓN COS CENTROS DE DÍA E RESIDENCIA
Os recortes de populares e socialistas, na Xunta e no Estado, fan perigar a continuidade do servizo de Axuda no Fogar e da Dependencia nos concellos da comarca
Foz, 8 de novembro de 2011. O Bng levou a diante na maña de hoxe un reparto no mercado de Foz coa participación de candidatos ao Congreso e ao Senado da comarca da Mariña, encabezados por Federico Gutiérrez Estoa, así como por afiliados da formación na localidade, entre os que se atopaba o portavoz Xoán Carlos González Basanta.
Os nacionalistas aproveitaron o reparto de hoxe, ademais de para achegar información sobre o traballo desenvolto durante estes últimos 4 anos nas Cortes do Estado, para dar a coñecer as súas propostas en materia de política de Benestar Social. Neste sentido, Xoán Carlos Basanta denunciou “a ausencia de compromiso da Xunta de Galiza coa posta en marcha dunha rede de centros de día e residencias da terceira idade na comarca da Mariña do que é ben significativo o caso de Foz, onde despois de estar comprometido un centro de día residencial por parte da vicepresidencia da Xunta o único que fixo o goberno de Feijóo foi a súa paralización, mesmo coa colaboración activa, xa non só dos populares da Mariña, senón tamén da súa sucursal focega”. “Non estamos diante dun caso illado, senón que isto sitúase na propia planificación da Consellaría de Traballo e Benestar que está a primar a Galiza atlántica tanto na definición de novos equipamentos residenciais coma na concertación de prazas para facer accesíbel o acceso á mesma por parte daquelas persoas con menos recursos económicos. Só hai que ter en conta a negativa por parte do departamento dirixido por Beatriz Mato para concertar prazas nas residencias previstas pola Deputación Provincial na comarca da Mariña, o que mesmo comprometer a entrada en funcionamento das mesmas, con todo o que isto significa tanto na mellora da calidade asistencial como na creación de postos de traballo. A Xunta de Galiza coa súa negativa a concertar prazas nas residencias da Deputación como coa súa negativa a poñer en marcha os seus equipamentos propios está a impedir a creación de preto de 400 empregos na comarca da Mariña”.
Asemade, Federico Gutiérrez Estoa, alcalde de Riotorto e candidato do BNG ao Congreso dos Deputados, denunciou “os recortes absolutamente brutais, que se xeneralizan no conxunto dos concellos ao reducir a Xunta de Galiza en máis do 70% os fondos destinados ao servizo de Axuda no Fogar, que están vinculados á propia concepción que a Xunta de Galiza ten do “benestar”, que se achega máis á idea de esmola ou de beneficencia que ao que debería ser a prestación dun servizo por parte dunha administración pública. Estes recortes teñen o seu correlato nas propias políticas que está aplicar desde o goberno do Estado o PSOE, que tamén diminuíu de maneira considerábel as achegas económicas destinadas á Dependencia, que xunto coa reforma lexislativa que acompañou a entrada en vigor da mesma, poñen en risco o funcionamento do servizo, tanto da Dependencia como da Axuda no Fogar, no conxunto dos concellos da comarca da Mariña”. Na mesma liña, Estoa explicou que “este é un caso claro onde se acotan e definen as prioridades políticas duns e doutros: mentres populares e socialistas fan do recorte en materia de benestar social un sinal de identidade, os nacionalistas alí onde temos responsabilidades de goberno non só non recortamos, senón que ampliamos a cobertura dos mesmos servizos. Vaia como exemplo o acontecido na propia Deputación de Lugo, onde houbo que esperar á entrada dos nacionalistas no goberno da institución para que se implementaran políticas nesta materia, até o punto de que o organismo provincial mantén este ano a mesma dotación para Axuda no Fogar que en pasados exercicios ou en concellos coma Riotorto onde se puxeron en marcha novas prestacións, coma o cheque bebé atendendo a criterios de renda”.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



