Nota de prensa
O BNG afirma que o 20-N decidimos a continuidade dos servizos no Hospital da Costa.
Os nacionalistas denuncian que no DOG de onte o PP implanta o copago
O Bloque Nacionalista Galego procedeu na xornada de hoxe a un reparto de propaganda no Hospital de Costa a fin de achegar as propostas dos nacionalistas en materia de sanidade, facer pública a súa posición sobre o momento que vive a sanidade na Comarca e compartir cos usuarios e os traballadores deste centro as súas preocupacións sobre a calidade asistencial na Mariña.
No acto no que participaron diversos afiliados da organización na Mariña, entre eles os candidatos Xosé Manuel López Hermida, Dores Fernández Abel, a portavoz Municipal do BNG en Burela Neves Cando, ou o tamén candidato ao senado Bernardo Fraga os nacionalistas expresaron “as dúbidas máis que fundadas de que o obxectivo do PP é eliminar á área sanitaria da Costa e está esperando a que pasen as Eleccións Xerais para levalo adiante . Do mesmo xeito que o PP estaba esperando a pasar as eleccións municipais para a supresión de áreas sanitarias e vimos como foron suprimidas por exemplo as do Barco, Verín e o Salnés. Isto significou que Ourense sexa unha única área sanitaria e outro tanto esperan facer en Lugo, que se non se fixo foi pola contundente resposta cidadá, polas manifestacións de Monforte e Burela. Non imos permitir isto posto que significaría significaría a efectos prácticos unha perda de servizos por parte do Hospital da Costa, a centralización dos servizos en Lugo, e volver a unha situación sanitaria de fai 30 anos. E o que é máis grave unha merma da calidade asistencial con todo o que iso implica para o nivel de vida e benestar da poboación porque sabemos que a supresión das áreas sanitarias é o correlato da axenda que ten o PP para a privatización da sanidade”.
Bernardo Fraga indicou que o 20 de Novembro xogamos o si ou o non da continuidade da area sanitaria na costa co que isto representa tamén en termos de emprego, posto que a día de hoxe o Hospital é o segundo centro de traballo da Comarca polo que a súa perda de competencias tería consecuencias gravísimas no plano económico da comarca, xa non só nos máis de 430 persoas que de xeito directo traballan alí senón tamén polo efecto que provocaría no conxunto da actividade económica da zona. Na mesma liña denunciou “a situación da atención primaria na zona, posto que un funcionamento correcto da mesma aliviaría as listas de espera e a situación de colapso do Hospital da Costa que se atopa a cabeza dos centros públicos de Galiza en listas de espera para ciruxías. Tanto é así que a dia de hoxe o incumprimento do Plano Mellora deixou sen servizo de fisioterapia ao Centro de Saúde de Mondoñedo, ou as probas de citoloxía seguen sen realizarse na primaria, ou o servizo de retinografía carece de medios para poder aplicarse, a pesar de contar cun aparello do mesmo no PAC de Burela. Agora ben o caso máis sangrante ten haber coa redución e o incumprimento en materia de persoal sanitario ata o punto de que cando menos nos Concellos de Foz, Ribadeo, Viveiro, Burela, Alfoz, Trabada, Ourol, Mondoñedo, Valadouro e A Pontenova non se cumpre que cada ATS se corresponda cun médico ou que en varios Concellos algúns médicos vense obrigados a atender a máis de das 1250 cartillas”.
Xa por último Fraga criticou “ o decreto recollido no DOG que fixo onte público a Consellaría de Sanidade que na súa disposición transitoria unica afirma textualmente a aprobación de “un procedimiento para repercutir en los usuarios los gastos ocasionados por estos como consecuencia del uso irresponsable de las prestaciones asistenciales del sistema público de salud de Galicia”, o que representa nin máis nin menos a porta para entrada en vigor do copago sanitario. Non nos valen as explicación do Portavoz de Sanidade do PP que é un formulismo xurídico, posto que a súa redacción é o suficientemente clara, xa que logo estas son as cuestións que nos xogamos, e aqueles que pretendan rematar co carácter universal da sanidade vannos seguir a ter enfronte”.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



