Nota de prensa:
VILLARES: “HOXE A DEPUTACIÓN QUERE ORDENARNOS O TRÁFICO CANDO HAI TRES ANOS DICÍAN QUE ERA COUSA NOSA”
Ao mandatario cervense entristécelle “a pouca ética e moral, e a descarada persecución política” que fan os dirixentes da Deputación, “co seu Presidente á fronte”
Lémbralles que hai dous anos eles mesmos se negaron a adoptar medidas de seguridade viaria nunha via provincial dentro da zona urbana de San Ciprián argumentando que era competencia do Concello e acúsaos de atribuírse arbitrariamente competencias que non lles corresponden
Nega que o Concello modificara a sinalización da totalidade do trazado da rúa Bellavista de San Ciprián -tal e como afirma o presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro- e mantén que o único que se fixo foi repoñer ao estado orixinal a sinalización desta vía nun treito de aproximadamente 50 metros
Cervo, 9 de novembro de 2011.- O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, dixo estar entristecido pola “pouca ética e moral, e pola persecución ao Concello de Cervo” dos responsables da Deputación de Lugo “co seu presidente á fronte”.
Deste xeito, o rexedor cervense respondía ás declaracións feitas polo presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Ramón Gómez Besteiro, en relación á restitución da sinalización horizontal feita polo Concello nun treito da rúa Bellavista de San Ciprián. Villares reiterou que neste vial (de titularidade provincial que vai dende Río Cobo ata San Ciprián e de 2.000 metros de lonxitude) o único que fixo o Concello foi “volver á normalidade a sinalización horizontal orixinal nun treito de 50 metros dentro da zona urbana que foran alterados previamente e unilateralmente pola Deputación sen ningún tipo de comunicación ao Concello, única administración con competencias para a ordenación do tráfico en zonas urbanas” recalcou.
Villares mantivo que a modificación na sinalización horizontal deste treito de estrada fora feita pola Deputación tralo reasfaltado da via realizado polo organismo provincial tan so uns días antes das pasadas elección municipais de maio. “Nós, o que fixemos, foi escoitar aos veciños desa zona e volver á normalidade a ordenación do tráfico que existía ata entón nesa zona urbana do núcleo de San Ciprián. Con esta mínima modificación o que se conseguiu foi que os veciños puideran aparcar novamente nunha das marxes deste treito de vial, o cal está máis que demostrado que é vía urbana con documentos oficiais refrendados pola Garda Civil e pola Subdelegación do Goberno” asegurou o alcalde.
Incoherencia e arbitrariedade
O mandatario local reiterou que a competencia en materia de ordenación viaria e de tráfico nos tramos cualificados como vías urbanas é dos Concellos en exclusiva e acusou aos responsables provinciais de atribuírse arbitrariamente “e de xeito incoherente” competencias que non lles corresponden “según mellor lles veña”.
Neste sentido lembrou que hai tres anos o Concello se dirixira á Deputación solicitándolle que colocaran un paso elevado para peóns fronte ao Centro de Saúde de San Ciprián, nun treito de vía urbana do vial provincial que une San Ciprián con Burela pola costa. “Daquela -dixo Villares- o señor Manuel Martínez contestounos por escrito que a Deputación non ía poñer ningún paso elevado nin banda rugosa porque a ordenación do tráfico en zonas urbanas era competencia municipal. Por iso -proseguiu- non deixa de ser curioso que aqueles que agora interpoñen un expediente sancionador contra nós e afirman nos medios de comunicación que son os únicos con competencias neste vial, sexan os mesmos que no ano 2008 dicían o contrario por escrito e con membrete oficial”. salientou Villares.
Máis libros de ética
Por último, o alcalde recomendoulles aos responsables políticos da Deputación que se adicaran “a ler máis libros de moral e ética”. “É algo que lles pode vir ben para reflexionar e para darse de conta de cal é a función que temos os políticos na sociedade, que non é outra que a de acometer xuntos grandes empresas en beneficio dos cidadáns… A iso é ao que nos temos que dedicar, porque o que non se pode entender é que a Deputación, en lugar de axudar e colaborar cun concello da súa provincia como é Cervo, o único que fai é incoarlle expedientes sancionadores. Algo que resulta curiosamente chamativo sobre todo cando resulta que estes dous expedientes son os únicos que ten aberto na súa historia a Deputación de Lugo contra un concello da súa provincia”. Villares abogou por unha pronta solución “e que todos estes expedientes se pechen e esquezamos para sempre este tipo de procederes nada normais para a totalidade dos cidadáns”.





















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



