Nota de prensa
SUÁREZ BARCIA FAI UNHA CHAMADA Á TRANQUILIDADE DOS RIBADENSES TRAS A SORPRESA E A CONMOCIÓN QUE CAUSOU NA VILA O PRESUNTO SECUESTRO DO QUE HOXE SE FACÍAN ECO VARIOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.
Ribadeo, 22 de novembro de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, fai unha chamada á tranquilidade da poboación tras a sopresa e a conmoción que causou na vila o presunto secuestro que hoxe publicaban varios medios de comunicación. O rexedor confía en que se aclare canto antes o ocorrido e que si o suceso é certo se deteña canto antes aos autores dos feitos, pero considera que si se trata dunha denuncia sobredimensionada alguén tamén deberá responder por ela.
Suárez Barcia dixo que “eu son tamén un sorprendido como tantos e tantas veciñas de Ribadeo por este suceso extraordinario, segundo as características que relatou esta persoa”. O alcalde mandou “unha mensaxe de tranquilidade á poboación porque confío en que a Policía Local e a Garda Civil, sobre todo ésta última, aclaren canto antes o ocurrido. No caso de ser certo que se deteña aos autores canto antes porque supoñen un perigo público e no caso de que se trate dunha denuncia quizáis sobredimensionada que responda quen teña que responder”.
O rexedor ribadense engadiu que “por enriba de todo isto quero defender a Ribadeo, non por unha cuestión localista, senón porque foi, é e será un sitio tranquilo” e confía en que “as forzas de seguridade que investigan isto o aclaren antes que despois para botar luz sobre un asunto que causou moita sorpresa na nosa vila”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



