Nota de prensa
HOMENAXE AO MÚSICO ELADIO MASEDA NO SEU CENTENARIO
DOMINGO, 11 DE DECEMBRO DO 2011 EN MOUCIDE E FERREIRA (O Valadouro).
(Cumpriría 100 anos na actualidade, foi acordeonista, mestre de música e fundador da mítica Orquestra Maseda)
16:00 h.: Misa in memoriam en Moucide (parroquia natal do músico), coa actuación do Coro Virxe das Dores de Ferreira.
17:00 h.: Descubrimento dunha praca no cemiterio de Moucide, momento no que se interpretarán dúas pezas de acordeón na súa lembranza por amigos e antigos compañeiros das varias orquestras nas que participou.
18:00 h.: Mesa redonda na Casa da Cultura de Ferreira encol da figura do homenaxeado, na que participarán Luís Rio, Arcadio Mon, Manuel Pena, Francisco Souto e Adriano Geada (bos coñecedores da súa traxectoria vital e profisional), o moderador da mesa será Lionel Rexes.
Ao remate da mesa redonda interpretaránse pezas da época da Orquestra Maseda, a cargo de vellos e novos músicos do Valadouro.
22:00 h.: Cea conmemorativa no Restaurante Asturias, de Ferreira. As invitacións pódense adquirir con antelación no mesmo local (prezo 20 €).
Organiza: Asociación FRAGA DAS LERIAS (O Valadouro)