Nota de prensa
Baséanse na creación dun instrumento estable de cooperación para promover e desenvolver de xeito integral os recursos agroalimentarios galegos de calidade, con identidade propia, e os turísticos, culturais e patrimoniais dos territorios implicados na producción dos mesmos
O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, APOIAR A CONTINUIDADE DAS RUTAS AGROALIMENTARIAS EN GALICIA MAIS ALÓ DO PECHE DO PROXECTO COMUNITARIO NO 2012
• Os produtos agroalimentarios en torno aos que existen estas rutas na actualidade son os queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida (San Simón, Tetilla, Arzúa-Ulloa, Cebreiro), as Indicacións Xeográficas Protexidas da mel e a castaña de Galicia e as aves de curral criadas tradicionalmente (capón de Vilalba, galo de Vila de Cruces e Galiña de Mos)
• A deputada popular Emma Alvarez Chao tamén solicita estudiar a inclusión de novas rutas agroalimentarias e nomeadamente a Mariña Luguesa que abarca a zona de influencia da Indicación de Orixe Protexida da Faba de Lourenzá
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2011.- O Parlamento aprobou, na reunión da Comisión de Agricultura celebrada hoxe, unha iniciativa do PPdeG encamiñada a realizar cantas accións sexan necesarias para apoiar a continuidade das rutas agroalimentarias en Galicia mais aló do peche do proxecto comunitario en marzo do 2012. Estes itinerarios, denominados comercialmente “Camiños dos Sabores de Galicia” baséanse na creación dun instrumento estable de cooperación para promover e desenvolver de xeito integral os recursos agroalimentarios galegos de calidade, con identidade propia, e os turísticos, culturais, paisaxísticas e patrimoniais dos territorios implicados na súa producción.
Na iniciativa popular, defendida pola deputada Emma Alvarez Chao, solicitase a continuidade destas rutas mais alo do ano 2012 xa que o proxecto, que se desenvolve no marco do proxecto Cantata 2 e está financiado polo Programa Operativo de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico, desenvolverá as súas accións ata marzo do 2012.
Para elo pide a implicación das administracións competentes na materia e do sector privado a través do Grupo de Dirección Local e o Consello Consultivo “para continuar co desenvolvemento desde instrumento que contribúe ao desenvolvemento integral do noso medio rural mediante un maior aproveitamento do seu potencial local, agroalimentario e turístico e das súas pemes de xeito que contribúa ao desenvolvemento sostible e á diversificación económica do rural galego” segundo Alvarez Chao.
Os produtos agroalimentarios en torno aos que existen estas rutas na actualidade son os queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida (San Simón, Tetilla, Arzúa-Ulloa, Cebreiro), as Indicacións Xeográficas Protexidas da mel e a castaña de Galicia e as aves de curral criadas tradicionalmente (capón de Vilalba, galo de Vila de Cruces e Galiña de Mos).Emma Alvarez sinalou que con estes catro produtos galegos (queixo, mel, castañas e aves de curral) se realiz o proxecto Camiño dos Sabores de Galicia con catro rutas deseñadas “Sabores do noroeste”, “Sabores nos camiños”, Sabores do Caurel” e “Sabores nas portas de Galicia”.
NOVA RUTA AGROALIMENTARIA DA FABA DE LOURENZÁ
Segundo a deputada do PPdeG a abundancia de produtos do agro galego con carecterísticas singulares fai que as posibilidades de desenvolvemento dos novos produtos sexa moi ampla e, por iso, “e de acordo cos cauces establecidos no seo do proxecto CANTATA2 propoñemos a inclusión de novas rutas agroalimentarias noutras zonas xeográficas de Galicia que abrangan Denominacións de Orixe Protexida ou Indicación Xeográfica Protexida e nomeadamente a consideración da Mariña luguesa, territorio formado por quince municipios que abranguen a producción da IXP Faba de Lourenzá”.
Segundo dixo a deputada “A Mariña de Lugo, que atravesa unha situación laboral delicada necesita novas vías de dinamización económica que desarrollen o potencial agrícola, gandeiro e forestal que ten”.


















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



