Nota de prensa:
Hoxe tivo lugar a presentación da IX Festa do Berberecho que terá lugar os días 21 e 22 de xaneiro no peirao e hostalaría de Foz.
Unha edición marcada pola austeridade de gasto e que pretende o seu autofinanciamento. O Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira e o Concelleiro do Mar, Pedro Fernández, animaron a todos a acudir a esta festa, visitar e coñecer o pobo de Foz.
Deron as grazas aos bares e restaurantes participantes así como sobresaltan a oferta hoteleira que ese fin de semana ofrecen hoteis e casas rurais co concello.
Agradeceron tamén a colaboración da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, á Confraría de Pescadores de Foz e á Asociación de Empresarios de Hostelería de Lugo pola súa axuda de diferente tipo.