A noite dos entroidos en Trasbar é o sábado día 11, a partir das nove e media da noite, no local da asociación. O Curso de iniciación á natación será na piscina de Lieiro e comezará o día 15, os mércores de 19.45 a 20.30 h e rematará en maio. Deberán chegar á piscina cunha antelación de 15 minutos con bañador, toalla, gorro e chanclas e gafas. Prezo para cursos 20 euros, 26 euros para non socios. Poden apuntarse ata o día 12 en burgodetrasbar@yahoo.es ou nos teléfonos 687 550 899 (Mari), 620 266 483 (Elena), 615 579 505 (Geni). Prazas limitadas. Terán preferencia as persoas pre inscritas.
A asociación de veciños de Trasbar, en Cervo, propón unha noite de entroidos e un curso de natación