Nota de prensa
BURELA CONTA CON 45 PRAZAS DE ESTACIONAMENTO PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA. DESTE E DOUTROS ASUNTOS FALARON HOXE OS CONCELLEIROS DE SERVIZOS SOCIAIS E TRÁFICO CON REPRESENTANTES DE COGAMI.
Burela, 16 de febreiro de 2012. Burela conta con 45 prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida. A ordenanza municipal de accesibilidade para este colectivo e a ordenanza reguladora das tarxetas de estacionamento centraron a xuntanza que esta mañá mantiveron no Concello os responsables das Delegacións de Servizos Sociais e Tráfico, Diana Durán e Manuel Fernández Valle, con membros de Cogami e co técnico municipal de urbanismo.
Durán asegurou que o obxectivo do encontro celebrado esta mañá no Concello “non é outro que aunar criterios sobre a viabilidade da ordenanza municipal de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida”. E lembrou que houbo outras xuntanzas “para abordar esta cuestión e tamén a ordenanza reguladora das tarxetas de estacionamento para facilitar o desprazamento destas persoas por Burela. Dita ordenanza foi aprobada no pleno que tivemos en xaneiro no Concello”.
Os edís de Urbanismo e Servizos Sociais subliñaron que “ésta era unha preocupación do equipo do goberno, tanto a regulación das tarxetas como a creación de prazas de estacionamento para estas persoas. Agora en Burela contamos con 45 lugares de aparcamento para ese colectivo. A maioría dos casos atópanse preto dos pasos de peóns e das beirarrúas coa intención de que estas persoas conten con máis espazo para poder entrar e saír dos seus vehículos e para facilitarlles tamén as maniobras coas cadeiras de rodas”.
A Delegación de Policía e Tráfico, que tamén dirixe Manuel Fernández Valle, habilitou cinco zonas para o aparcamento das ambulancias e dos coches da Policía Local e indicou que “chegamos tamén ás 20 zonas de carga e descarga en Burela. O obxectivo é mellorar a seguridade e a fluidez do tráfico na nosa vila e neso seguimos traballando”.
Á xuntanza desta mañá asistiron o técnico de accesibilidade de Cogami-Santiago, representantes da asociación A Mariña-Cogami, o técnico municipal de urbanismo e os concelleiros Manuel Fernández Valle de Diana Durán.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



