Fina Vázquez, veciña de Alfoz, pinche de cociña do Hospital da Costa, recibiu unha homenaxe, con motivo da súa xubilación, dos seus compañeiros e compañeiras de traballo. Foi o día 10 nunha cea baile, no Hotel Nordés de Burela, coa música da discoteca móbil Eventec, a que todos os compañeiros de cociña e dos distintos servizos do Hospital se uniron, e na que agradeceron a Fina os vos momentos que pasaron traballando ao seu lado.
