Nota de prensa
Deputación e Concello renovan a súa colaboración para impulsar a declaración de Interese Internacional da Semana Santa de Viveiro
– A entidade provincial e a local achegan 66.000 euros este ano para a organización da festividade relixiosa, durante a que o municipio mariñano duplica a súa poboación e a ocupación hoteleira acada o 100%
– O Presidente explicou que a axuda extraordinaria de 26.000 euros que o organismo lugués outorga neste 2012 estará destinada á instalación da carpa-museo que albergará tódolos pasos das procesións e que o pasado ano recibiu a 12.000 visitantes
– Unha vez que obtivo o apoio unánime da corporación provincial, Roel solicitou o mesmo respaldo da Xunta para que avale a candidatura da Semana Santa viveirense a Festa de Interese Turístico Internacional
A Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro renovaron este ano a súa colaboración económica para converter a Semana Santa da cidade mariñana na máis importante de Galicia e impulsar a súa declaración como Festa de Interese Turístico Internacional. O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, asinou precisamente este mércores co Alcalde viveirense, Melchor Roel, un convenio en virtude do cal a entidade provincial outorga por segundo ano consecutivo unha axuda extraordinaria, neste caso de 26.000 euros, mentres que pola súa banda o Concello concede unha subvención directa de 40.000 euros para a organización da festividade relixiosa. Suman en total 66.000 euros, o que supón preto do 42% do orzamento da Xunta de Confrarías, a entidade organizadora dos actos.
Gómez Besteiro explicou que a achega da Deputación estará concretamente destinada á instalación e mantemento da carpa-museo que se vén colocando dende hai 5 anos ó lado da igrexa de San Francisco para albergar todos os pasos da Semana Santa, de maneira que cada vez que hai unha procesión non sexa necesario montalos, senón que xa están preparados para saír. Esta carpa-museo, cunha rica e coidada decoración interior e con 30 metros de fondo, recibiu o pasado ano uns 12.000 visitantes, “o que da boa conta da repercusión e interese que provoca todo o relacionado coa Semana Santa de Viveiro”, asegurou o Presidente. Á firma do convenio de hoxe, que tivo lugar nos Claustros de San Francisco, asistiu o Presidente da Xunta de Confrarías, José Veiga, entre outros membros desta entidade.
Xestións para un recoñecemento internacional
O goberno de Melchor Roel, en coordinación coa Xunta de Confrarías, promove as xestións necesarias para que a Semana Santa de Viveiro, que é de Interese Turístico Nacional dende o ano 1988, reciba agora esta distinción a nivel internacional, “da que é sobradamente merecedora”, segundo recalcou Gómez Besteiro, “polo gran fervor e recollemento co que se vive, pola riqueza e valor da súa imaxinería e polo gran dinamismo e dedicación das confrarías, pero tamén porque supón un revulsivo económico e turístico para toda
A Mariña. Proba diso é que durante eses días Viveiro duplica a súa poboación e a ocupación hoteleira acada ó 100%. Falar da Semana Santa de Viveiro é falar dun acontecemento cultural, popular e turístico de referencia non só en Galicia, senón tamén en toda España”.
Neste camiño, o rexedor obtivo o respaldo da Deputación, que aprobou por unanimidade en Pleno hai preto dun ano unha declaración institucional para que a Semana Santa sexa declarada de Interese Turístico Internacional. Unha vez contado co apoio da institución provincial, o Concello solicitou mediante unha carta remitida ó Conselleiro de Cultura o pasado mes de decembro o mesmo respaldo á Xunta de Galicia para que avale a candidatura perante a Secretaría Xeral de Turismo do Ministerio de Industria, a administración encargada de conceder tal distinción. O Goberno galego respondeu a ese escrito neste mes de febreiro recoñecendo a importancia da festividade relixiosa e indicándolle ó Concello a documentación coa que ten que contar e que “xa estamos a preparar para enviala no menor tempo posible”, apuntou o rexedor.
Dende a chegada de Melchor Roel á Alcaldía de Viveiro hai 9 anos, a Semana Santa de Viveiro recibiu un forte impulso grazas ó traballo que desenvolveu conxuntamente coas confrarías. Deste xeito, unificou o esforzo dos máis de 3.000 confrades, -preto do 20% da poboación total de Viveiro-, mediante o impulso á Xunta de Confrarías. Este colectivo representa ás 8 confrarías viveirenses: “Venerable Orden Tercera”; “Del Rosario”, “Santísimo Cristo de la Piedad”; “Hermandad del Prendimiento”; “de las Siete Palabras”; “de la Santa Cruz”; “Nazarenos dos de Fóra”; e “Misericordia”. Ademais, dende o pasado ano, e a instancias de Roel, teñen a súa disposición distintos locais municipais de ensaio, reunión e almacenaxe.
Unha celebración dinámica
Unha das características polas que destaca e que fai atractiva a Semana Santa de Viveiro é o seu gran dinamismo. Celébrase de xeito ininterrompido dende o século XIII, herdando a tradición de franciscanos e dominicos, e nesta longa historia houbo etapas máis sobrias e outras de esplendor, como as dos anos 50 e 60. Na actualidade e dende hai unha década, a celebración volve a vivir unha etapa álxida, con continuas restauracións, melloras e incorporación de pezas –tanto de imaxinería, como de andas- e incluso coa organización de novas procesións, como foi o caso da do Ecce Homo instaurada hai tres anos. Outro froito desa dinámica actividade é o programa de difusión cultural Adral, que a Xunta de Confrarías organiza durante a Coresma, de maneira complementaria ós actos da Semana Santa. Esta proposta, que conta cunha gran aceptación popular, inclúe actos culturais, como conferencias e concertos de bandas de música e coros. A maiores, organizan exposicións en distintos puntos da cidade.
Reunión con comerciantes e visita ás obras da biblioteca
Por outra banda, o Presidente, que estivo acompañado na súa viaxe a Viveiro pola Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, mantivo na casa consistorial unha reunión con representantes do Centro Comercial Casco Histórico da cidade, que aglutina a uns 140 socios, para escoitalas súas inquietudes e propostas, e abordar posibles liñas de colaboración no futuro.
Gómez Besteiro supervisou así mesmo os traballos de acondicionamento acometidos na Biblioteca Municipal tralo seu traslado á antiga Casa Consistorial, na Praza Maior. O acondicionamento das novas instalacións para o servizo de lectura e préstamo de libros realizouse cos fondos de tres anualidades do POS (as de 2008, 2009 e 2010). A inversión global ascendeu a 351.850 euros. A maiores, a biblioteca dotouse de mobiliario con 70.000 euros dun convenio de colaboración a tres bandas entre Deputación, Xunta e Concello.
Simulacro de evacuación no CEIP de Covas
O mandatario provincial tamén estivo presente nun simulacro de evacuación efectuado no CEIP de Covas por unha dotación do parque de bombeiros de Viveiro, un dos 5 complexos integrados no Consorcio Provincial, que xestionan Deputación e Xunta. Para o exercicio desenvolvido en Covas desprazouse un equipo de 5 bombeiros e dous vehículos -un BUL (Bomba Urbana Lixeira) e un Auto Escala-, e consistiu no desaloxo dos 204 alumnos do centro educativo e dos seus traballadores ante un suposto incendio. Tamén fixeron un rescate simulado dunha persoa atrapada no piso superior do colexio, evacuada por unha fiestra utilizando o vehículo de altura. Os efectivos do parque de Viveiro despregaron así mesmo o tendido que sería necesario para a extinción do lume e, por outra banda, como demostración, realizaron un rappel invertido tomando a máxima altura de extensión que acada o vehículo Auto Escala.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



