NOTA DE PRENSA
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 14ª TIRADA
(CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO – Sábado, 11 de febreiro de 2012)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO (11 FEBREIRO 2012 ) 35 INSCRITOS: 22 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 215 | 12 |
| SEGUNDO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 199 | 10 |
| TERCEIRO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 195 | 8 |
| CUARTO | OMAR MACÍAS CABRERA | 195 | 7 |
| QUINTO | ARTURO VIGO CASABELLA | 178 | 6 |
| SEXTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 175 | 5 |
| JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 175 | 4 | |
| OITAVO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 168 | 3 |
| NOVENO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 154 | 2 |
| DÉCIMO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 153 | 1 |
| MELLOR BOLADA | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 88 | 1 |
| LIGA SUB 16 | |||
| PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 89 | 6 |
| SEGUNDO | CRISTÓBAL RIVAS CAMPO | 76 | 4 |
| TERCEIRO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 74 | 3 |
| CUARTO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 52 | 2 |
| QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 27 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CRISTÓBAL RIVAS CAMPO | 49 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 54 | 6 |
| SEGUNDO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 51 | 4 |
| TERCEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 42 | 3 |
| CUARTO | MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ | 40 | 2 |
| QUINTO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 21 | 1 |
| MELLOR BOLADA | MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ | 37 | 1 |
Liga Senior Masculina.- Na pelexa polos postos de cabeza, cun Arturo Vigo líder prácticamente inalcanzable con 105 puntos, gran Vitoria de Francisco Pérez, o cal lle permite afianzarse na segunda posición con 81 puntos, cunha xa ampla renda de 13 puntos sobre José Rafael González, terceiro con 68 puntos. Por detrais, a espera que fallen os de cabeza, Sócrates Campo con 62 puntos e Omar Cabrera con 58. Xa máis alonxados, pero inda con posibilidades de acceder á terceira praza -xa que a primeira e a segunda son cáseque imposibles- temos un grupo de xogadores orredor dos cincuenta puntos e no que están César Cancelos, Marcelino Rodríguez, Ginés Rodríguez, Jose Vigo e Luis Rancaño.
Liga Senior Feminina.- Sorpresa nesta categoría na que Concepción Piñeiro, cuarta clasificada, consigueu a súa primeira Vitoria. Das tres primeiro clasificadas, Carmen Roca só puido ser cuarta e Belén Meitín quinta. Así e todo, Carmen Roca consolida o seu liderato con 59 puntos, seguida por Belén con 52 e Dolores Baño con 48.
Liga Sub 16.- A terceira vitoria consecutiva de Salomé Cardoso prácticamente liquida o campionato, xa que a falla de catro tiradas, con 28 puntos máximo por disputar cada xogador, Salomé con 72 puntos sácalle 20 puntos aos seus inmediatos perseguidores, Daniel López e Isaias Cardoso, émbolos dous con 52 puntos. Polo tanto, de aquí ao final, a Salomé chégalle con manter a distancia, podendo permitirse incluso varios fallos para poder gañar o seu segundo torneo consecutivo. Daniel e Isaias terán que pelexarse entre eles para ver quen queda segundo.
Esta semana non teremos tirada, xa que se suspende pola celebración do antroido.
Polo tanto, a vindeira tirada terémola o SÁBADO 25 DE FEBREIRO NO CAMPO DO CENTRO SOCIAL DE A VARA, NA PARROQUIA DE XUANCES.
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
